Carl Orff

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lápida de Carl Orff

Carl Orff, nado en Múnic o 10 de xullo de 1895 e finado na mesma cidade o 29 de marzo de 1982, foi un compositor alemán.

Vida[editar | editar a fonte]

Malia as reticencias de Orff a falar do seu pasado, sábese que proviña dunha familia bávara, de certa actividade nas forzas militares alemás. Orff estudou na Academia de Música de Múnic até 1914. Despois serviu nas forzas armadas do seu país durante a Primeira Guerra Mundial. Rematada a guerra, regresou a Múnic para continuar coa súa formación musical. En 1925 Orff funda conxuntamente con Dorothea Günter Schulle unha escola para actividades físicas, música e danza, nesta cidade. Ao longo deste período desenvolve as súa teorías sobre educación musical.

Canto a asociación de Orff co nazismo, esta nunca foi comprobada. Carmina burana, a súa peza máis famosa, gozou en calquera caso de gran popularidade na Alemaña do nazismo. Por outra banda, Orff tiña unha forte amizade con Kurt Huber, un dos fundadores do movemento de resistencia de Die Weiße Rose (A rosa branca), que foi condenado a morte polo Volksgerichtshof e executado polos nazis en 1943. Despois da Segunda Guerra Mundial, Orff alegou ter sido membro do grupo da resistencia, pero non hai evidencias agás a súa propia testemuña.

O compositor foi enterrado en Andechs en 1982.

Traballo musical[editar | editar a fonte]

Orff é coñecido por Carmina burana (1937), unha cantata. É a primeira dunha triloxía titulada Trionfi, que tamén inclúe "Catulli Carmina" e "Trionfo di Afrodite". Estas composicións reflicten o seu interese pola poesía medieval. O traballo baseouse no verso erótico do século XIII dun manuscrito chamado Codex latinus monacensis, atopado nun mosteiro da Baviera en 1803, que fora escrito polos goliardos. A pesar de ser moderno nalgunhas das súas composicións, Orff soubo capturar o espírito da era medieval na súa triloxía. Os poemas medievais foran escritos de forma arcaica en baixo alemán e latín.

Orff non denominaba os seus traballos simplemente como óperas. Por exemplo, denominou a Der Moon (A Lúa, en alemán) (1939) coma unha Märchenoper (ou ópera de conto de fadas). Die Kluge (A muller sabia) (1943).

Traballo pedagóxico[editar | editar a fonte]

Na pedagoxía musical, Orff é lembrado por Schulwerk (1930 - 1935). A utilización de instrumentos de percusión (xilófonos, carillóns, metalófonos, etc.) permite aos rapaces a posibilidade de aprender música partindo de pezas musicais simples, ata chegar a pezas cunha complexidade manifesta.


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]