Heel de wereld

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
«Heel de wereld»
Sinxelo de Corry Brokken
Lanzamento 1958
Formato Disco de vinilo 7"
Gravada
Xénero musical
Lingua(s) Neerlandés
Duración
Discográfica Philips Records
Produtor(es)
Escritor(es) Benny Vreden
Miscelanea {{{miscelanea}}}

«Heel de wereld» (en galego: «Todo o mundo») é unha canción composta por Benny Vreden e interpretada en neerlandés por Corry Brokken.[1] Lanzouse como sinxelo en 1958 mediante Philips Records.[2] Foi elixida para representar aos Países Baixos no Festival de Eurovisión de 1958 tras gaña-la final nacional neerlandesa, Nationaal Songfestival 1958.[3][4]

Festival de Eurovisión 1958[editar | editar a fonte]

Heel de wereld
Canción do Festival de Eurovisión 1958
País
Artista(s)
Lingua(s)
Compositor(es)
Benny Vreden
Resultados
Posto na Final
9.º
Puntos na Final
1
Cronoloxía
◄ «Net als toen» (1957)   
«Een beetje» (1959) ►
Corry Brokken interpretando a canción durante un ensaio do Festival de Eurovisión 1958.

Selección[editar | editar a fonte]

«Heel de wereld» cualificouse para representar aos Países Baixos no Festival de Eurovisión 1958 tras gaña-la final nacional neerlandesa, Nationaal Songfestival 1958.[3]

No festival[editar | editar a fonte]

A canción participou no festival celebrado nos estudos AVRO en Hilversum o 12 de marzo de 1958, sendo interpretada pola cantante neerlandesa Corry Brokken.[4] A orquestra foi dirixida por Dolf van der Linden.[5]

Foi interpretada en segundo lugar, seguindo a Italia con Domenico Modugno interpretando «Nel blu dipinto di blu» e precedendo a Francia con André Claveau interpretando «Dors, mon amour». Ao final das votacións, a canción recibiu 1 punto, obtendo o noveno posto de 10 xunto a Luxemburgo.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Heel De Wereld". Discogs (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2019. Consultado o 17 de agosto de 2019. 
  2. "Corrie Brokken* – Heel De Wereld". Discogs (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2019. Consultado o 17 de agosto de 2019. 
  3. 3,0 3,1 "The Netherlands 1958" [Países Baixos 1958]. ESC-History (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2019. Consultado o 17 de agosto de 2019. 
  4. 4,0 4,1 UER (ed.). "Corry Brokken - The Netherlands — Hilversum 1958" [Corry Brokken - Países Baixos — Hilversum 1958]. Festival de Eurovisión (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2019. Consultado o 17 de agosto de 2019. 
  5. "Dolf van der Linden". And the conductor is... (en inglés). Search, by year, 1958, Dolf van der Linden. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2018. Consultado o 17 de agosto de 2019. 
  6. UER (ed.). "Final of Hilversum 1958" [Final de Hilversum 1958]. Festival de Eurovisión (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2019. Consultado o 17 de agosto de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Predecesor:
«Net als toen»
Corry Brokken

Países Baixos no Festival de Eurovisión

1958
Sucesor:
«Een beetje»
Teddy Scholten