Guy Chambers

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGuy Chambers
Biografía
Nacemento(en) Guy Antony Chambers Editar o valor em Wikidata
12 de xaneiro de 1963 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónGuildhall School of Music and Drama (en) Traducir
King David High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor , compositor de cancións , produtor musical Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoGuitarra Editar o valor em Wikidata

Páxina webguychambers.co.uk Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0150339 MySpace: guychambers Musicbrainz: 0becff08-d043-4a7d-a6af-08accd0d82f2 Songkick: 674128 Discogs: 119600 Allmusic: mn0000648452 Editar o valor em Wikidata

Guy Antony Chambers, nado o 12 de xaneiro de 1963 en Londres, é un compositor e produtor discográfico inglés, coñecido pola súa longa colaboración artística con Robbie Williams.

Colaboración con Robbie Williams[editar | editar a fonte]

Chambers colaborou, tanto como compositor e produtor, nos primeiros cinco álbums de Robbie Williams. Todos eles acadaron o número 1 no Reino Unido e acadaron vendas mundiais de máis de 40 millóns de copias. Chambers escribiu a maioría das cancións máis coñecidas de Williams, incluíndo "Rock DJ", "Feel", "Millenium", "Let Me Entertain You" e "Angels".[1]

Outras colaboracións[editar | editar a fonte]

Chambers e Williams deixaron de colaborar despois da gravación do quinto álbum de Williams, Escapology, rematada en 2002. Despois diso, Chambers traballou con artistas como INXS, producindo e escribindo cancións para o seu álbum de 2005, Switch.[2]

Chambers tamén escribiu cancións para a banda de pop rock londiniense Busted, como "Fake" e "Better Than This", do seu segundo álbum A Present For Everyone.[3]

En 2022, Chambers colaborou co músico austríaco Trickster para escribir e producir unha canción de Nadal chea de improperios que reflicte as tensións e o estrés dese ano (que se fixo viral).[4]

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lydia Venn. "Robbie Williams: What is his relationship with Guy Chambers like now?". Consultado o 12 de febreiro de 2024. 
  2. "INXS – Switch". Discogs. Consultado o 12 de febreiro de 2024. 
  3. "Busted (3) – A Present For Everyone". Discogs. Consultado o 12 de febreiro de 2024. 
  4. "Robbie Williams' songwriter aiming for Christmas Number One with expletive-ridden tune". Daily Mirror. Consultado o 12 de febreiro de 2024.