Gregor Aichinger

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Gregor Aichinger, nado en Ratisbona en 1565 e finado en Augsburgo en 1628, foi un compositor e organista alemán de música sacra.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi organista de Jacob Fugger en Augsburgo, en 1584 fai unha primeira visita a Italia, onde queda moi influído pola escola veneciana, e en especial por Giovanni Gabrieli, en 1599 durante unha segunda visita a Italia toma os hábitos, de volta a Alemaña faise cargo dunha parroquia en Regensburg.

Composicións[editar | editar a fonte]

  • Sacrae cantiones, 1590
  • Divinae laudes, 1598
  • Tricina Mariana, 1598
  • Liturgica, sive Sacra Officia ad omnes dies festos Magnae Dei Matris, 1603