Graziano Bini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bini
Información persoal
Nome Graziano Bini
Nacemento 7 de xaneiro de 1955
Lugar de nacemento San Daniele Po
Altura 1,87 m.
Posición defensa
Carreira xuvenil
1966 Cremonese
1968–1971 Inter de Milán
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1971–1985 Inter de Milán 233 (7)
1985–1987 Genoa 28 (0)
Total 261 (7)
Selección nacional
1973 Italia sub-21 2 (0)
1975 Italia sub-23 5 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Graziano Bini, nado en San Daniele Po o 7 de xaneiro de 1955, é un exfutbolista italiano. Xogaba como defensa e desenvolveu case toda a súa carreira deportiva no Inter de Milán, no que militou durante 14 tempadas, 7 delas como capitán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois de pasar pola Cremonese entrou en 1968 na canteira do Inter de Milán, tras pasar unha proba dirixida por Helenio Herrera. O 7 de maio de 1972 debutou co primeiro equipo na Serie A, nun empate sen goles ante a Sampdoria no estadio Luigi Ferraris de Xénova. Empregado inicialmente como defensa central xunto a Giacinto Facchetti,[1] converteuse nun habitual no once titular a partir da tempada 1977/78, por elección do novo adestrador Eugenio Bersellini.[2] Militou durante 14 anos no club lombardo, exercendo como capitán a partir de 1978.[3] Coa camiseta nerazzurra gañou un scudetto e dúas edicións da Copa Italia (marcando o gol decisivo na final ante o Napoli na tempada 1977/78).[1] Alcanzou as semifinais da Copa de Europa na tempada 1980/81, e aínda que marcou o gol da vitoria no partido de volta, o seu equipo caeu eliminado contra o Real Madrid.[1][2]

Nas súas últimas tempadas en Milán sufriu varias lesións,[1] entre elas unha grave en 1984.[2]

Para a tempada 1985/86 fichou polo Genoa, co que xogou dúas tempadas na Serie B antes de retirarse.[4]

Selección italiana[editar | editar a fonte]

Foi cinco veces internacional coa selección sub-23 de Italia e dúas coa sub-21.[1] Coa selección absoluta non chegou a disputar ningún partido oficial, pero si un partido amigable non oficial contra Noruega en 1975.[5]

Trala retirada[editar | editar a fonte]

Despois dunha breve experiencia como adestrador do filial do Inter de Milán, foi observador e responsable do equipo xuvenil do Piacenza, entre 2000 e 2009.[6][2] Durante esa época levou a Italia a Hugo Campagnaro e Radja Nainggolan, e subiu a xogadores da canteira como Tommaso Bianchi e Marco Calderoni.

Traballou tamén no Bellinzona e en 2012 adestrou os Free Players, xogadores da liga italiana sen equipo.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Sappino 2000, p. 82.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Monti, Fabio (14 de agosto de 2006). "Il «gigante» Bini, dall'Inter di Bersellini alla scoperta di nuovi talenti a Piacenza". Corriere della Sera (en italiano). p. 8. 
  3. Amato, Raffaele (14 de febreiro de 2019). "Inter, da Marktl ad Handanovic: i capitani dal 1909 a oggi" (en italiano). Consultado o 23 de marzo de 2022. 
  4. "A Villa Moratti parlano di Coppa e di mercato...". la Repubblica (en italiano). 30 de xuño de 1985. Consultado o 23 de marzo de 2022. 
  5. "LE PARTITE NON VALIDE E QUELLE NON UFFICIALI DISPUTATE DALLA NAZIONALE (ELENCO INCOMPLETO)". italia1910.com (en italiano). Consultado o 23 de marzo de 2022. 
  6. 6,0 6,1 "Graziano Bini a TLP: "Mi diverto ad allenare i ragazzi della Free Players. Un'idea innovativa per l'Italia. Che tristezza il fallimento del mio Piacenza..."" (en italiano). 14 de setembro de 2012. Consultado o 23 de marzo de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Sappino, Marco (2000). Dizionario del Calcio Italiano (en italiano). Baldini & Castoldi. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]