Grateful Dead

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Grateful Dead
Grateful Dead at the Warfield-01.jpg
Orixe Palo Alto, California, Flag of the United States.svg
Período 1965 - 1995
Xénero(s) rock
Selo(s) discográfico(s) Warner Bros., Grateful Dead, Arista, Rhino
Membros Jerry Garcia
Bob Weir
Phil Lesh
Bill Kreutzmann
Ron "Pigpen" McKernan
Robert Hunter
Mickey Hart
Tom Constanten
Keith Godchaux
Donna Jean Godchaux
Brent Mydland
Vince Welnick
Web oficial http://www.dead.net/


Grateful Dead foi unha banda estadounidense de rock formada en 1965 en Palo Alto, California. O grupo foi coñecido polo seu estilo ecléctico único, que fusionaba elementos de rock, folk, bluegrass, blues, reggae, country, jazz improvisado, psicodelia e space rock, e polas súas actuacións ao vivo con lonas improvisacións musicais. Grateful Dead leva vendidos máis de 35 millóns de discos en todo o mundo.

Os membros fundadores de Grateful Dead foron Jerry Garcia (guitarra, voces), Bob Weir (guitarra, voces), Ron "Pigpen" McKernan (teclados, harmónica, voces), Phil Lesh (baixo, voces) e Bill Kreutzmann (batería). Os membros de Grateful Dead tocaran xuntos en varias bandas de San Francisco, como Mother McCree's Uptown Jug Champions e The Warlocks. Lesh foi o derradeiro músico en unirse a The Warlocks antes de que se convertesen en Grateful Dead; substituíu a Dana Morgan Jr., que tocara o baixo nun feixe de concertos. Coa excepción de McKernan, que morreu en 1973, o núcleo da banda estivo xunto durante os seus 30 anos de carreira.

Discografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]