Gran Premio de Motociclismo da República Checa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Gran Premio de Motociclismo da República Checa (ata 1992: Gran Premio de Motociclismo de Checoslovaquia) é unha proba de motociclismo de velocidade que se corre na República Checa desde o ano 1947. A partir da edición 1965, a competición forma parte do circuíto do Campionato Mundial de Motociclismo (agás entre 1983 e 1986). A primeira edición correuse en Praga, máis tarde nun circuíto de estrada moi preto das localidades de Brno, Bosonohy e Žebetín, e desde 1987 no circuíto de Brno.

Dos grandes premios disputados entre 1987 e 2009, o italiano Valentino Rossi ten o récord de cinco vitorias na máxima categoría, mentres que o seu paisano Max Biaggi e o estadounidense Wayne Rainey empatan con tres cada un. Biaggi ten catro triunfos consecutivos en 250cc entre 1994 e 1997.

Gañadores[editar | editar a fonte]

Ano 80cc 125cc 250cc / Moto2 500cc / MotoGP
1987 Suíza Stefan Dörflinger Italia Fausto Gresini República Federal Alemá Anton Mang Australia Wayne Gardner
1988 España Jorge Martínez "Aspar" España Jorge Martínez "Aspar" España Joan Garriga Australia Wayne Gardner
1989 España Herri Torrontegui España Álex Crivillé República Democrática Alemá Reinhold Roth Kevin Schwantz
1990 Países Baixos Hans Spaan España Carlos Cardús Wayne Rainey
1991 Italia Alessandro Gramigni República Federal Alemá Helmut Bradl Wayne Rainey
1993 Kazuto Sakata Italia Loris Reggiani Wayne Rainey
1994 Kazuto Sakata Italia Max Biaggi Australia Michael Doohan
1995 Kazuto Sakata Italia Max Biaggi Italia Luca Cadalora
1997 Noboru Ueda Italia Max Biaggi Australia Michael Doohan
1996 Italia Valentino Rossi Italia Max Biaggi España Álex Crivillé
1998 Italia Marco Melandri Tetsuya Harada Italia Max Biaggi
1999 Italia Marco Melandri Italia Valentino Rossi Tadayuki Okada
2000 Italia Roberto Locatelli Shinya Nakano Italia Max Biaggi
2001 España Toni Elías Tetsuya Harada Italia Valentino Rossi
2002 Italia Lucio Cecchinello Italia Marco Melandri Italia Max Biaggi
2003 España Daniel Pedrosa Francia Randy de Puniet Italia Valentino Rossi
2004 España Jorge Lorenzo Sebastián Porto España Sete Gibernau
2005 Suíza Thomas Lüthi España Daniel Pedrosa Italia Valentino Rossi
2006 España Álvaro Bautista España Jorge Lorenzo Italia Loris Capirossi
2007 España Héctor Faubel España Jorge Lorenzo Australia Casey Stoner
2008 República Federal Alemá Stefan Bradl España Alex Debón Italia Valentino Rossi
2009 España Julián Simón Italia Marco Simoncelli Italia Valentino Rossi
2010 España Nicolás Terol España Toni Elias España Jorge Lorenzo
Ano Moto3 Moto2 MotoGP
2020 Italia Dennis Foggia Italia Enea Bastianini Brad Binder

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]