Marco Simoncelli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Marco Simoncelli
Marco Simoncelli 2009 Valencia.jpg
Marco Simoncelli en Valencia en 2009
Nome Completo Marco Simoncelli
Apodo "Pippo" o "SuperSic"
Nacemento Cattolica, 20 de xaneiro de 1987
Falecemento Sepang, 23 de Outubro do 2011
Nacionalidade Italia Italiano
Sitio Web www.marcosimoncelli.it
Nº Moto 58
Campionatos mundiais
  • 1
  • 1 en 250cc
Vitorias 28
  • 14 en MotoGP
  • 12 en 250cc
  • 2 en 125cc
Podios 61
  • 32 en MotoGP
  • 22 en 250cc
  • 7 en 125cc
Pole positions 28
  • 15 en MotoGP
  • 10 en 250cc
  • 3 en 125cc

Marco Simoncelli, nado o 20 de xaneiro de 1987 en Cattolica (Italia) e finado o 23 de outubro de 2011 en Sepang (Malaisia), foi un piloto de motociclismo italiano. Pilotaba unha Honda do equipo San Carlo Honda Gresini Team no Campionato Mundial de Motociclismo de Velocidade de MotoGP, ata o momento do seu falecemento, no Circuíto de Sepang, en Malaisia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Con Honda en Laguna Seca en 2010.

Gañou o campionato de Europa de 125cc en 2002, facendo tamén 6 aparicións no campionato do mundo de 125cc. O seguinte ano competiu en todas as carreiras de 125cc. O seu mellor posto ese ano foi un 4º posto no Gran Premio de Valencia, acabando o campionato en 21º posición con 31 puntos. En 2004 seguiu en 125cc, conseguindo a súa primeira vitoria no Gran Premio de España, con choiva. En 2005 gañou outra vez en Jerez, esta vez con tempo seco.

En 2006, trasladouse ao campionato de 250cc co equipo Gilera. O seu mellor resultado ese ano foi un 6º posto en China. Acabou 10º no campionato. En 2007 continuou co mesmo equipo, acabando outra vez 10º o campionato. O 1 de xuño de 2008, no Gran Premio de Italia disputado no Circuíto de Mugello, conseguiu a súa primeira vitoria en 250cc en controvertidas circunstancias. Cando faltaba unha volta para o final, tocouse con Héctor Barberá, facendo que este se caese. O 8 de xuño conseguiu outra vitoria no Gran Premio de Cataluña adiantando a Álvaro Bautista na última volta. Na penúltima proba de 2008, en Malaisia, Simoncelli acabou 3º, proclamándose campión do mundo de 250cc[1] e pasando a ser desde a tempada 2010 piloto de MotoGP.[2]

Falecemento[editar | editar a fonte]

O 23 de outubro de 2011 no circuíto de Sepang, sufriu unha caída tras a que, aínda aferrado á súa montura, foi atropelado por Colin Edwards e Valentino Rossi dun modo tan brutal que ata o seu casco saíu despedido. O piloto italiano sufriu traumatismos moi graves na cabeza, pescozo e peito, o que lle produciu un paro cardíaco. Os médicos da clínica do circuíto estiveron 45 minutos intentando reanimar ao piloto pero finalmente declarouse a súa morte ás 16:56 hora local.[3]

Fundación[editar | editar a fonte]

En decembro de 2011 construiuse oficialmente a "Marco Simoncelli Fondazione" [1] grazas ao impulso da súa familia, que encargarase de xestionala, asistidos por quen foi seu representante, Carlo Pernat e o periodista e amigo Paolo Beltrano. Terá como finalidade, en palabras de Paolo Simoncelli, pai de Marco:

A premisa básica é o soño de mantener vivo o recordo de Marco para que poida contribuír a aliviar o sufrimento daqueles que están en peor situación que nós.

Estatísticas[editar | editar a fonte]

Por tempada[editar | editar a fonte]

Tempada Categoría Moto Carreiras Vitorias Podios Poles V.Rápida Puntos Posición
2002 125cc Aprilia 6 0 0 0 0 3 33º
2003 125cc Aprilia 15 0 0 0 0 31 21º
2004 125cc Aprilia 13 1 1 2 0 79 11º
2005 125cc Aprilia 16 1 6 1 1 177
2006 250cc Gilera 16 0 0 0 0 92 10º
2007 250cc Gilera 17 0 0 0 0 97 10º
2008 250cc Gilera 16 6 12 7 4 281
2009 250cc Gilera 15 6 10 3 4 231
2010 MotoGP Honda 18 0 0 0 0 125
2011 MotoGP Honda 16 0 2 2 0 139
Total 148 14 31 15 9 1255

Carreiras por ano[editar | editar a fonte]

Ano Cat. Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 Pos. Final Puntos
2002 125 cc Aprilia JPN
SAF
SPA
FRA
ITA
CAT
NED
GBR
GER
CZE
27
POR
13
BRA
21
PAC
MAL
Ret
AUS
Ret
VAL
Ret
33º 3
2003 125 cc Aprilia JPN
21
SAF
20
SPA
14
FRA
Ret
ITA
17
CAT
16
NED
20
GBR
16
GER
12
CZE
14
POR
Ret
BRA
11
PAC
11
MAL
Ret
AUS
11
VAL
4
21º 31
2004 125 cc Aprilia SAF
Ret
SPA
1
FRA
Ret
ITA
Ret
CAT
7
NED
7
BRA
6
GER
10
GBR
Ret
CZE
19
POR
6
JPN
6
QAT
Ret
MAL
Ret
AUS
VAL
11º 71
2005 125 cc Aprilia SPA
1
POR
10
CHN
6
FRA
5
ITA
Ret
CAT
2
NED
20
GBR
4
GER
3
CZE
3
JPN
Ret
MAL
9
QAT
3
AUS
3
TUR
6
VAL
5
177
2006 250 cc Gilera SPA
Ret
QAT
8
TUR
7
CHN
6
FRA
8
ITA
7
CAT
Ret
NED
7
GBR
10
GER
Ret
CZE
9
MAL
8
AUS
10
JPN
9
POR
7
VAL
Ret
10º 92
2007 250 cc Gilera QAT
9
SPA
Ret
TUR
9
CHN
Ret
FRA
6
ITA
9
CAT
9
GBR
Ret
NED
6
GER
7
CZE
Ret
SMR
Ret
POR
7
JPN
7
AUS
7
MAL
8
VAL
11
10º 97
2008 250 cc Gilera QAT
Ret
SPA
Ret
POR
2
CHN
4
FRA
2
ITA
1
CAT
1
GBR
2
NED
3
GER
1
CZE
3
SMR
6
IND
JPN
1
AUS
1
MYS
3
VAL
1
281
2009 250 cc Gilera QAT
JPN
17
SPA
3
FRA
1
ITA
2
CAT
Ret
NED
3
GER
1
GBR
4
CZE
1
IND
1
RSM
Ret
POR
1
AUS
1
MYS
3
VAL
Ret
231
2010 MotoGP Honda QAT
11
SPA
11
FRA
10
ITA
9
GBR
7
NED
9
CAT
Ret
GER
6
USA
Ret
CZE
11
IND
7
RSM
14
ARA
7
JPN
6
MYS
8
AUS
6
POR
4
VAL
6
125
2011 MotoGP Honda QAT
5
SPA
Ret
POR
Ret
FRA
5
CAT
6
GBR
Ret
NED
9
ITA
5
GER
6
USA
Ret
CZE
3
IND
12
RSM
4
ARA
4
JPN
4
AUS
2
MYS
C
VAL
139

Lenda:

Negriña indica pole position.

Cor Resultado
Ouro Gañador
Prata Segundo posto
Bronce Terceiro posto
Verde Carreira finalizada dentro dos puntos
Azul Carreira finalizada fóra dos puntos
Púrpura Retirado
Non clasificado (NC)
Vermello Non calificado (NQ)
En negro Descalificado (DES)
Branco Non iniciou (NIN)
En branco Non participou
Retirado debido a lesión (LES)
Excluído (EX)
Carreira cancelada (C)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Marco Simoncelli