Gran Glasgow

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaGran Glasgow

Localización
Mapa
 55°51′43″N 4°15′14″O / 55.862, -4.254Coordenadas: 55°51′43″N 4°15′14″O / 55.862, -4.254
EstadoReino Unido
PaísEscocia
ConcelloGlasgow City (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie368,48 km² Editar o valor em Wikidata

Gran Glasgow (en inglés: Greater Glasgow, en escocés: Mòr-Ghlaschu e en scots: Muckler Glesca) é unha área urbana de Escocia formada por tódalas localidades que se atopan a carón da cidade de Glasgow, formando con ela unha única zona urbana (ou conurbación). Non ten efectos no goberno municipal, e a súa extensión territorial, definida pola Oficina de Rexistro Xeral de Escocia, ten fins censais e estatísticos. Gran Glasgow tiña unha poboación de 1 199 629 no censo de 2001,[1] mconverténdose na maior área urbana de Escocia e a quinta do Reino Unido.[2]

Localidades[editar | editar a fonte]

A zona coñecida como a área urbana de Glasgow inclúe as seguintes localidades:

Nome Poboación

(Censo 1991)

Poboación

(Censo 2001)[3]

Airdrie 36.842 36.326
Bargeddie 2.325 2.144
Barrhead 16.753 17.244
Bearsden 27.707 27.967
Bellshill 21.624 20.705
Bishopbriggs 23.825 23.118
Bothwell 6.542 6.379
Busby 1.617 1.654
Calderbank 1.709 1.663
Cambuslang 23.212 24.500
Carfin 1.226 1.048
Chapelhall 4.405 5.214
Clarkston 18.899 19.136
Clydebank 29.171 29.858
Coatbridge 43.467 41.170
Duntocher e Hardgate 7.882 7.301
Elderslie 5.166 5.180
Erskine 15.166 15.347
Faifley 6.087 4.932
Giffnock 16.190 16.178
Glasgow 658.379 629.501
Holytown 5.648 5.483
Howwood 1.036 1.502
Johnstone 18.280 16.468
Kilbarchan 3.710 3.622
Linwood 10.183 9.058
Milngavie 11.992 12.795
Milton 1.079 986
Motherwell 30.769 30.311
New Stevenston 3.287 4.108
Newarthill 6.585 6.849
Newmains 5.878 5.329
Newton Mearns 19.342 22.637
Old Kilpatrick 2,408 3.199
Paisley 73.925 74.170
Renfrew 20.764 20.251
Rutherglen 25.000 25.000
Stepps 4.942 4.802
Uddingston 5.367 5.576
Viewpark 15.044 15.841
Wishaw 29.574 28.565

Transporte[editar | editar a fonte]

A conurbación de Glasgow conta co servizo da maior rede de ferrocarril urbano no Reino Unido excluíndo a Londres,[4] con 186 estacións de ferrocarril na área de Glasgow. A cidade ten o único sistema de metro de Escocia e o segundo meirande do Reino Unido, o Metro de Glasgow, e ademais conta con dous aeroportos internacionais, o Aeroporto de Glasgow Prestwick[5] e o Aeroporto Internacional de Glasgow.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. General Register Office for Scotland (ed.). "Key Statistics for Settlements and Localities Scotland". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 8 de setembro de 2008. 
  2. The UK’s major urban areas Arquivado 04 de agosto de 2011 en Wayback Machine. Office for National Statistics, 2005
  3. Key Statistics for Settlements and Localities Scotland Arquivado 27 de setembro de 2007 en Wayback Machine. General Register Office for Scotland
  4. "Rail services in the SPT area". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2008. Consultado o 23 de xaneiro de 2014. 
  5. "Glasgow Prestwick Airport". Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2016. Consultado o 23 de xaneiro de 2014. 
  6. BAA Glasgow: Welcome to Glasgow Airport