Gráficos en movemento
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os gráficos de movemento (en inglés, motion graphics) son elementos gráficos usados en vídeo, infografía ou cine. Tamén se di da tecnoloxía de animación para crear a ilusión de movemento ou unha aparencia de transformación. A tradición dos gráficos de movemento remóntase ao nacemento do cine, coa lanterna máxica, o zoetropo ou o praxiniscopio. Co avance do vídeo e da infografía, os gráficos de movemento son un elemento moi presente na comunicación electrónica (tanto na televisión, coma en CDs, na internet, en videoxogos etc. O termo é útil para distinguir entre gráficos sen máis daqueles gráficos que perseguen transmitir unha aparencia de transformación ao longo do tempo.
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2012.) |