Gonzalo Carré Alvarellos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGonzalo Carré Alvarellos

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Gonzalo Carré y Alvarellos Editar o valor em Wikidata
24 de xaneiro de 1891 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte18 de decembro de 1983 Editar o valor em Wikidata (92 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista , atleta , xornalista deportivo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol
atletismo Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosMaría del Pilar Carré, May Carré Editar o valor em Wikidata
PaiUxío Carré Aldao Editar o valor em Wikidata
IrmánsUxío Carré Alvarellos, Leandro Carré Alvarellos e Lois Carré Alvarellos Editar o valor em Wikidata

Gonzalo Carré Alvarellos, nado na Coruña o 24 de xaneiro de 1891 finado na mesma cidade o 18 de decembro de 1983,[1] foi un deportista e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Uxío Carré Aldao e de Purificación Alvarellos Pena, foi irmán de Xosé, Uxío, Leandro e Lois Carré Alvarellos. Foi pai das escritoras María del Pilar Carré e May Carré.

Comezou a xogar como futbolista no Reina Victoria en 1905, e xogou tamén no FC Galicia e no María Pita. Desde 1908 foi comentarista deportivo no diario El Noroeste, e foi nomeado vicesecretario da Federación Galega de Fútbol. Foi un dos organizadores da primeira Volta ciclista a Galicia en 1933, e entre 1955 e 1972 estivo na directiva da Federación Galega de Atletismo.

Uxío Carré Aldao cos seus fillos, de esquerda a dereita Gonzalo, Leandro, Uxío, Lois e Carlos.

Recibiu a medalla de ouro ao mérito atlético da Federación Galega de Atletismo, a medalla de prata da Federación Española de Atletismo (1960) e a de bronce da Delegación Nacional de Educación Física y Deportes (1965). Foi xuíz nacional e honorario da Real Federación Española Atlética.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 19-12-1983, p. 29, 47.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]