Uxío Carré Naya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Uxío Carré Naya, nado na Coruña en 1915 e finado o 28 de agosto de 1936, foi un político e sindicalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Uxío Carré Alvarellos, participou na vida política da Coruña dende os dezaoito anos, ao tempo que remataba os seus estudios de mestre. Exerceu como profesor de dereito mercantil. En 1935 creou a Unión de Estudiantes Antifascistas para facer fronte ás actividades falanxistas na Escola de Comercio. Despois foi asesor da UGT da Coruña en diversos conflitos e chegou a asumir a secretaría da FETE-UGT da Coruña. En 1935 ingresou no Partido Obrero de Unificación Marxista (POUM) e nos últimos días da República acompañou a Joaquín Maurín na súa xira por Galicia. Foi asasinado en Elviña o 28 de agosto de 1936.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]