Goma 2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Para ter información do explosivo ver o artigo: Goma-2

Goma 2
Concerto de Goma 2.
OrixePortonovo, Pontevedra, Galicia
PeríodoDécada de 1970
Xénero(s)Rock
Selo(s) discográfico(s)Movieplay
MembrosRamón Chouza
Samuel Donsión
Gerardo González
Manuel Uhía Bea
Carlos Carballa

Goma 2 foi un grupo galego de rock da década de 1970.

Membros[editar | editar a fonte]

* Ramón Chouza Voz e guitarra
* Samuel Donsión Guitarra, gaita
* Gerardo González Teclado
* Manuel Uhía Baixo
* Carlos Carballa Batería

Historia[editar | editar a fonte]

Goma 2 nace en Portonovo, inicialmente co nome de Os Vieiras como grupo de gaitas, e despois chamáronse Brebaxe como grupo de verbenas, a mediados dos anos 70. Os seus inicios estiveron caracterizados por ser abreconcertos de Miguel Ríos en Ponteareas e de Triana en Pontevedra e Noia, así como por encabezar o cartel do Porto Rock Novo.

En 1979 trasládanse a Madrid e gravan o seu único álbum, Goma 2. Este disco, integramente en galego, pódese considerar histórico xa é un dos que marca o inicio do rock galego, comezando a usar a gaita combinada con guitarras eléctricas para facer rock.

Pouco despois e por diversos motivos (servizo militar dos integrantes, discrepancias coa discográfica...) o grupo disolveríase.

Discografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Goma 2". Consultado o 14 de novembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]