Giulianova
Giulianova é unha vila costeira e comune italiana de 23.256 habitantes, na provincia de Teramo.
Índice |
Xeografía [editar]
A vila esténdese no norte da rexión de Abruzzo, entre os ríos Salinello e Tordino. Giulianova concíbese como a escisión entre a Paese, a vila histórica no alto dos outeiros, e o lido, a máis recente desenvolvida abaixo, na praia.
O turismo xoga un gran papel en Giulianova. A vila, caracterizada por ter varias praias, convértese no verán en refuxio de cidadáns de grandes cidades como Roma ou Milano, así como de turistas alemáns e franceses.
Historia [editar]
En tempos pre-romanos, a tribo dos Praetutii tiñan un asentamento chamado Castrum Novum nas proximidades de Giulianova. Na Idade Media a poboación de Castrum Novum, daquela chamado Castrum divi Flaviani, foi trasladada á nova vila de Giulia, situada nos outeiros, fundada polo noble local Giulio Antonio Acquaviva.
Cidadáns de sona [editar]
- Gabriele Tarquini (1962), piloto de carreiras.
- Gaetano Braga (1829-1907), violinista e compositor.
- Dom (Domenico) Serafini (1949), xornalista.
- Venanzo Crocetti (1913-2003), escultor.