Les Paul
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Les Paul | |
|---|---|
| Nome completo | Lester William Polfuss |
| Alias | |
| Naceu | 9 de xuño de 1915 |
| Orixe | Waukesha, Wisconsin |
| Morreu | 12 de agosto do 2009 (94 anos) |
| Ocupación (s) | inventor, músico, compositor |
| Xénero | |
| Instrumento(s) | guitarra, banjo, harmónica |
| Tipo de voz | |
| Selo(s) discográfico (s) | |
| Relacionado con | |
| Tempo en activo | 1928 - 2009 |
| Web | |
Lester William Polfuss, coñecido como Les Paul, nado o 9 de xuño de 1915 e finado o 12 de agosto de 2009, foi un guitarrista de jazz e inventor estadounidense. Trátase dunha das figuras máis importantes no desenvolvemento dos modernos instrumentos eléctricos e técnicas de gravación. Foi un pioneiro no desenvolvemento da guitarra eléctrica de corpo sólido; a Gibson Les Paul, que el axudou a deseñar, é dos seus modelos máis famosos, da gravación multipista, e de varios efectos de reverberación e eco.