Gebhard Leberecht von Blücher

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
G.L.von Blücher

Gebhard Leberecht von Blücher (Rostock, Mecklemburg, 16 de decembro de 1742Krieblowitz, Silesia, 12 de setembro de 1819), Graf (Conde) e máis tarde elevado ao rango de Fürst von Wahlstatt (Príncipe de Wahlstatt), foi un xeneral marechal de campo prusiano, que comandou exércitos desa nacionalidade contra Napoleon I, sendo famoso pola súa participación na batalla das Nacións en Leipzig en 1813 e, sobre todo, na batalla de Waterloo en 1815, da que é considerado vencedor xunto con o británico Arthur Wellesley, duque de Wellington.

Na historiografía hispana é citado con frecuencia como xeneral Blücher ou só Blücher.