Gavutu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gavutu
NggelaSolomons.png
Mapa das Illas Florida
TulagiGavutuLandings.gif
Localización de Gavutu
Situación
País Illas Salomón
Provincia Central
Arquipélago Illas Florida
Mar Océano Pacífico
Coordenadas 9°07′00″S 160°11′20″E / 9.11667°S 160.18889°E / -9.11667; 160.18889

Gavutu é un pequeno illote na Provincia Central das Illas Salomón, cuns 500 metros de longo. É unha das Illas Florida.

Xunto ca veciña illa de Tanambogo, desempeñou un papel importante na campaña de Guadalcanal durante a Segunda Guerra Mundial. En 1942, os xaponeses trataron de establecer unha base aérea na illa. Entre o 7 e o 9 de agosto de 1942 na Batalla de Tulagi e Gavutu-Tanambogo, os elementos do 2º Rexemento dos Marines dos Estados Unidos asaltaron e ocuparon a illa.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]