Central, Illas Salomón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illas Salomón

A provincia Central é unha das nove provincias das Illas Salomón, no Océano Pacífico. Comprende as illas Florida, as Illas Russell e a Illa de Savo. A capital da provincia é a poboación de Tulagi, situada na illa do mesmo nome, no grupo das illas Florida. A provincia ten unha extensión de 615 km², sendo a menor das nove que forman o país. A poboación en 1999 era de 21.577 habitantes, o que facía unha densidade de poboación de 35,1 habitantes/km², sendo a provincia máis densamente poboada do país.