Game (rapeiro)
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jayceon Terrell Taylor, nado o 29 de novembro de 1979 en Compton (California), é un rapeiro estadounidense, máis coñecido polo alcume Game. Fíxose coñecido en 2005 logo do éxito do seu primeiro álbum, The Documentary e as dúas nominacións que tivo ós Premios Grammy. Desde entón está considerado un dos mellores rapeiros da Costa Oeste.
Álbums[editar]
- The Documentary (2005)
- Doctor's Advocate (2006)
- LAX (2008)