Gambino
Xosé Gambino, nado no Faramello, Ribasar, Rois, en 1719 e finado en Santiago de Compostela en 1775, foi o máximo expoñente da escutura rococó en Galicia.
Traxectoria [editar]
Colaborou con Fernando de Casas Novoa na fachada do Obradoiro. Os franciscanos encargáronlle unha figura de Santo Antón para o convento de Herbón, onde innova a iconografía galega co neno nun só brazo. Máis tarde, neste mesmo convento, talla as imaxes da Virxe, San Xosé, San Francisco, San Miguel, San Rafael e Santiago peregrino. Realizou as imaxes para o retablo da capela do pazo de Oca. En 1753 aparece traballando no mosteiro de Oseira.
É emblemático o seu Santiago peregrino da sala capitular da basílica compostelá e as súas imaxes de Santiago Matamouros (na propia catedral e no frontón do Pazo de Raxoi). Salienta tamén un San Roque na capela compostelá do mesmo nome.
Grandes mosteiros como o de Sobrado dos Monxes e San Martiño Pinario reclamaron tamén os seus servizos. Con el formouse o grande escultor galego do período seguinte Xosé Ferreiro, o seu xenro.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Álvaro, Milagros (1997). Gambino 1719-1772. ISBN 978-84-8288-149-2.