Gaivotón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gaivotón
Havstrut aka Larus marinus aka Great black-backed gull.jpg
Estado de conservación
Risco baixo (LC)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Laridae
Xénero: Larus
Especie: L. marinus
Nome binomial
Larus marinus
(Linnaeus, 1758)

O gaivotón atlántico (Larus marinus) é unha especie de ave Charadriiforme da familia Laridae. É unha das gaivotas meirandes do mundo, cunha envergadura de ás de ata 1,7 m.

Ten un poderoso peteiro para comer pitos de aves mariñas e crías de parrulos, engulíndoos enteiros. A diferenza da gaivota arxéntea, esta ave adoita cazar soa ou en parella. Aniña nas costas rochosas e pon tres ovos. Miden ata 79 cm de longo e atópanse no norte do océano Atlántico.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]