Gültan Kışanak

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGültan Kışanak

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de xuño de 1961 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Elazığ, Turquía (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Mayor of Diyarbakır (en) Traducir Diyarbakır (pt) Traducir
30 de marzo de 2014 – 11 de xaneiro de 2016 (remoção (pt) Traducir)
← Osman Baydemir (en) TraducirCumali Atilla (en) Traducir →
Deputada da Grande Asemblea Nacional de Turquía
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeTurquía Editar o valor em Wikidata
EducaciónDicle University (en) Traducir
Ege University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica , xornalista Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Democrático dos Povos (pt) Traducir
Democratic Society Party (en) Traducir
Peace and Democracy Party (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua turca Editar o valor em Wikidata


Gültan Kışanak, nada en Turquía o 15 de xuño de 1961 [Cómpre referencia] é unha xornalista e política que foi co-presidenta do partido turco Paz e Democracia (BDP)[a]. Foi a primeira alcaldesa de Diyarbakir[b] e parlamentaria independente por esta circunscrición e por Siirt no parlamento turco. Foi detida en 2016 e condenada a catorce anos de prisión por pertenza ao Partido dos Traballadores do Kurdistán, considerada unha organización terrorista por Turquía.[1][2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou os seus estudos na facultade de Educación da Universidade de Dice en 1978, pero foi detida en 1980 e encarceada na prisión de Diyarbakir por dous anos. Segundo o seu propio relato, tivo que habitar na caseta dos cans do garda da prisión durante dous meses logo de negarse a poñerse de pé perante el[4]. Comezou os seus estudos de xornalismo na Universidade de Ege en Esmirna no ano 1986. En 1988 foi detida mentres protestaba contra o ataque de Saddam Husein en Halabja, sendo liberada un ano máis tarde. Graduouse en 1990. Entre os anos 1990 e 1992 escribiu para o xornal Yeni Ülke. Máis tarde traballou como editora en xefe e como coordinadora editorial ou directora de novas en varios xornais de 1990 a 2004. No ano 2004 exerceu como asesora en políticas sociais na municipalidade de Baglar, en Diyarbakir. Estivo implicada na casa de mulleres Kardelen en Diyarbakır.[5]

Presentouse con éxito como candidata independente nas eleccións xerais de Turquía en 2007 e converteuse en parlamentaria por Diyarbakır. Durante a campaña afirmou que "Estas eleccións son importantes porque Turquía está nunha encrucillada. Ou se opta por desenvolver alternativas democráticas ou por traer de volta ás políticas opresivas. Esperamos que as forzas democráticas que saian destes comicios saian reforzadas e axuden a establecer as opcións do diálogo democrático e a paz. Buscaremos solucións non na violencia, senon no parlamento." [6]

A comezos de 2009 informouse de que ela preparara un borrador de lei para que a lingua kurda puidese ser usada nos espazos públicos acompañando a outra do seu partido, o DTP [c][7][8] Nas eleccións xerais de 2011 foi elixida como candidata independente da provincia de Siirt, no sueste do país.[9] En 2014 foi elixida alcaldesa, a primeira de Diyarbakır. Foi detida o 25 de outubro de 2016 polas autoridades turcas xunto co co-alcalde Firat Anli, "baixo o cargo de pertenza ao Partido dos Traballadores do Kurdistán (PKK)".[10] O goberno turco ordenou un apagón de Internet despois deste arresto.[11]

Non obstante, o 26 de outubro uns milleiros de manifestantes solicitaron na casa do concello de Diyarbakir a liberación da co-alcaldesa e o co-alcalde. [10] En novembro a Fiscalía pedía 230 anos de prisión para Kışanak.[12] En febreiro de 2019 foi condenada a 14 anos e 3 meses de prisión por "ser membro dunha organización terrorista" e por "propaganda dunha organización terrorista".[13]

Aparece como personaxe na película de 2008 titulada What a beautiful democracy, que fala da loita das mulleres turcas candidatas ao parlamento.[14]

Foi tamén entrevistada na película Hevî realizada por Yavuz Yüksel.[15]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. (en turco: Barış ve Demokrasi Partisi, en kurdo: Partiya Aştî û Demokrasiyê) (2008-2014)
  2. En kurdo: Amed
  3. O DTP, Partido Sociedad Democrática, foi ilegalizado o 11 de decembro de 2009. O DBP, Partido Paz e Democracia, considérase o seu sucesor. Ver "Turkish top court bans pro-Kurdish party". BBC (en inglés). 11 de decembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2019. Consultado o 14 de abril de 2019 , que pedía a inclusión das letras x, w, q no alfabeto.
  1. "Case T‑316/14,Kurdistan Workers’ Party (PKK), vs Council of the European Union. Documents". curia.europa.eu. Consultado o 215 de marzo de 2019. 
  2. Bruno, Greg. "Inside the Kurdistan Workers Party (PKK)". Council on Foreign Relations (en inglés). Consultado o 2019-03-15. 
  3. "Belgian court rules that PKK is not a terrorist organisation". Ahval (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2019. Consultado o 15 de marzo de 2019. 
  4. "Kışanak'a 14 yıl 3 ay, Tuncel'e 15 yıl hapis cezası". www.gazeteduvar.com.tr (en turco). Consultado o 2019-02-04. 
  5. Kisanak, Evin Jiyan (2 de marzo de 2018). "Meet Gultan Kisanak: from her daughter". theregion.org. Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2019. Consultado o 13 de marzo de 2019. 
  6. Jones, Dorian (16 de xullo de 2007). "Kurds Hopeful in Turkish General Election". Voice of America news (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2009. Consultado o 25 de febreiro de 2019. 
  7. Bianet (2 de xaneiro de 2009). "DTP Submits Bill To Remove The Obstacles Before Kurdish". Consultado o 13 de marzo de 2019. 
  8. "Democratic Society Party Submits Bill To Remove The Obstacles Before Kurdish". Consultado o 13 de marzo de 2019. 
  9. "SİİRT 2011 GENEL SEÇİM SONUÇLARI". secim.haberler.com. Consultado o 1 de xaneiro de 2019. 
  10. 10,0 10,1 "Fury erupts after mayors detained in Turkey's Kurdish southeast". Al-Monitor. 26 de outubro de 2016. 
  11. "Slowdown in access to social media in Turkey a ‘security measure,’ says PM". Hurriyet Daily News. 4 novembro 2016. 
  12. "Prosecutors demand 230 years prison sentences for ousted Diyarbakır Co-Mayor Kışanak". Hurriyet Daily News. 29 November 2016. 
  13. "Turkey jails two Kurdish former parliamentarians". Reuters (en inglés). 2 de febreiro de 2019. Consultado o 2 de febreiro de 2019. 
  14. "Filmist website news". Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2011. Consultado o 14 de agosto de 2009. 
  15. "Hêvî". Consultado o 1 de xaneiro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]