Fundúlidos
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os Fundúlidos (Fundulidae, Jordan e Gilbert 1882) son unha familia de peixes teleósteos, incluída na orde dos Ciprinodontiformes (ciprinodontiformes). Inclúe especies de augas doces, augas salobres e zonas costeiras marítimas, distribuídas desde o sueste de Canadá ata México e Cuba.
Índice |
Características [editar]
A maior parte das especies son pequenas, non superando os 10 cm de lonxitude, coa excepción de Fundulus grandissimus e F. catenatus, que poden alcanzar os 20 cm. Cabeza aplastada e boca terminal, protráctil. Aletas dorsal e anal case opostas.
Caracterízanse polo óso maxilar, que é trenzado en vez de recto.
Son ovíparos.
Clasificación [editar]
Divídense en 4 xéneros e 48 especies:
- Xénero Adinia
- Xénero Fundulus
- Xénero Leptolucania
- Xénero Lucania
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Taxonomía FishBase (en inglés)