Ciprinodontiformes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aphanius mesopotamicus

Os Ciprinodontiformes (Cyprinodontiformes) son unha orde de peixes de aletas radiais, da superorde dos Acantopterixios (Acanthopterygii). Comprenden principalmente pequenos peixes de auga doce.

Existen especies ovíparas, vivíparas e ovovivíparas.

Características[editar | editar a fonte]

Son peixes de pequeno tamaño e formas variables, ás veces estrañas e caprichosas, moi populares para a cría doméstica nos acuarios. Entre as especies desta orde está o Heterandria formosa, de tan só 8 milímetros de lonxitude cando adultos.

A aleta caudal é simétrica. A liña lateral está formada por canais e poros na cabeza, mentres que ó longo do corpo é só unha liña de escamas apuntadas. Presentan un marcado dimorfismo sexual, estando os machos de moitas das especies brillantemente coloreados.

Distribución[editar | editar a fonte]

Habitan en ríos de América, África e Asia, e son quen de vivir en ambientes adversos, como augas salobres, moi cálidas, pouco osixenadas e, en xeral, en condicións ambientais ás que non se adaptan outros tipos de peixes. Adoitan ser omnívoros e vivir cerca da superficie, onde a auga é máis rica en osígeno, o que compensa os inconvenientes ambientais.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Divídense en dúas subordes e dez familias:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Ciprinodontiformes
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Ciprinodontiformes