Frode Johnsen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Frode Johnsen
Johnsen co Rosenborg en 2006
Información persoal
Nacemento 17 de marzo de 1974
Lugar de nacemento Skien
Altura 1.88
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
Skotfoss TIF
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1993–2000 Odd 113 (24)
2000–2006 Rosenborg 145 (80)
2006–2008 Nagoya Grampus 77 (35)
2009–2010 Shimizu S-Pulse 62 (17)
2011–2015 Odd 121 (40)
Total 518 (196)
Selección nacional
2000–2013 Noruega 35 (10)
Na rede
IMDB: nm8527973 FIFA: 184418 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 10 de novembro de 2015
Selección: actualizado a 24 de xaneiro de 2013editar datos en Wikidata ]

Frode Johnsen, nado o 17 de marzo de 1974 en Skotfoss, é un ex-futbolista noruegués, foi o xogador de máis idade en xogar coa selección norueguesa, o máximo anotador da primeira división norueguesa con máis idade e mais das ligas europeas de máximo nivel.[1][2][3][4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Debutou na máxima división norueguesa en 1999 co Odd Grenland e o ano seguinte fichou polo Rosenborg. Nese ano fixo tamén a súa estrea coa selección nacional, coa que xogou 35 partidos e marcou dez goles. 16 de xullo de 2006 firmou por 18 meses co equipo xaponés do Nagoya Grampus Eight, e en 2009 pasou ao Shimizu S-Pulse.

En 2011 volveu ao Odd.[5][6][7]

Johnsen foi o máximo goleador tres veces: na Tippeligaen en 2001 (empatado con Thorstein Helstad e Clayton Zane), en 2004 e 2013, a última vez con 39 anos. Marcou un total de 86 goles co Odd, o máximo anotador da historia do equipo, xunto con Knut Seland[8]

Notas[editar | editar a fonte]