Frans Hals
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Frans Hals (Antuerpen, 1580? ou 1585? - Haarlem, 26 de agosto de 1666), pintor neerlandés da escola barroca flamenca, é un dos grandes mestres na arte do retrato. Esperta grande admiración pola brillantez na representación da luz e a liberdade no manexo dos pinceis.