Gerrit Berckheyde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A grande praza de Harleem por Gerrit A. Berckheyde (1696)

Gerrit Adrianszoon Berckheyde, nado en 1638 en Haarlem e finado o 10 de xuño de 1698 na mesma cidade, foi un pintor holandés do Barroco.

Traxectoria [editar]

Berckheyde foi discípulo de Frans Hals e do seu propio irmán Job Andrieszoon Berckheyde. Con este vivíu un tempo na cidade e corte de Heidelberg e logo en Haarlem.

Pintou sobre todo vistas, con pequenas figuras humanas, de Haarlem, Amsterdam, Köln, Bonn e Heidelberg.

As súas obras principais figuran, especialmente, nos museos de Amsterdam e Antwerpen, Kassel (Pastores), Dresden (a Damplatz de Amsterdam) e Schwerin.

Véxase tamén [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: