Fotocromo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fotocromo da Rúa Mulberry de Nova York coa coloración característica do proceso.

O fotocromo é unha técnica de coloreo que combina fotografía en branco e negro e litografía en cor. Tamén pode referirse ás primeiras postais realizadas a cor en Estados Unidos.

O fotocromo emprégase para crear unha impresión en cor a partir dun negativo dunha fotografía en branco e negro, usando entre catro e catorce placas litográficas, feitas de sustancias rochosas, para colorear a pintura con diferentes tinguiduras.

A técnica desenvolveuse en Zúric, e foi popularizada pola Detroit Photographic Company. Cando o Congreso dos Estados Unidos autorizou as postais dun penique, imprimíronse miles de fotocromos de cidades e paisaxes. Por iso o termo fotocromo quedou asociado ao aspecto daquelas postais.

Historia[editar | editar a fonte]

O proceso foi inventado na década de 1880 por Hans Jakob Schmid (1856-1924), un empregado da compañía suíza Orell Gessner Füssli unha empresa de imprenta cunha historia que se estende ata o século XVI. Füssli fundou a compañía Photochrom Zürich (máis tarde Photoglob Zürich AG) como o vehículo para a explotación comercial do proceso, ambos, Füssli e Photoglob continúan existindo hoxe. A partir da metade dos 1890s, o proceso foi autorizado para outras compañías, incluíndo nos Estados Unidos e a Photochrom Company de Londres.

O proceso de fotocromo popularizouse na década de 1890, cando a fotografía a cor estaba sendo desenvolvida pero seguía sendo comercialmente inaccesible.

En 1898 o Congreso de Estados Unidos aprobou a Private Mailing Card Act que permitiu aos editores privados producir timbres postais. Podían ser enviados por un centavo cada un . Miles the impresións de fotocromo foron creadas, usualmente de cidades ou paisaxes, foron creados e vendidos como postais e é nese formato no que as reproducións de fotocromo volvéronse máis populares A Compañía Fotográfica de Detroit (The Detroit Photographic Company) produciu preto de 7millóns de impresións en fotocromo nalgúns anos.

Logo da Primeira Guerra Mundial, que trouxo ao seu fin a febre de coleccionar cartóns postais de fotocromo, o principal uso foi reproducir afiches. A última imprenta de fotocromo funcionou ata 1970.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fotocromo