Branco e negro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Foto en branco e negro dun froito da árbore do pan, c. 1870

O branco e negro é un termo amplamente usado para referirse a un abano de acabamentos e procesos das artes visuais de carácter monocromo, e onde só existen brancos, negros e distintas tonalidades de grises.

Existe a fotografía en branco e negro e a banda deseñada en branco e negro. Tamén tiveron a súa época, se ben agora só se usan xa con carácter experimental, o cine en branco e negro e a televisión en branco e negro.