Fosforescencia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Fosforescencia é o fenómeno no cal certas sustancias teñen a propiedade de absorber enerxía e almacenala, para emitila posteriormente en forma de luz.
[editar] Descripción
O mecanismo físico que rexe este comportamento é o mesmo que para a fluorescencia, no entanto a principal diferenza con esta é que hai un atraso temporal entre a absorción e a reemisión dos fotóns de enerxía. Na fosforescencia, as sustancias continúan emitindo luz durante un tempo moito máis prolongado, aínda despois do corte do estímulo que a provoca, xa que a enerxía absorbida libérase lenta (ata moitas horas despois) e continuamente.
[editar] Aplicacións
Este fenómeno é aproveitado en aplicacións talles como a pintura das manecillas dos reloxos, ou en determinados xoguetes que se iluminan na escuridade.
[editar] Minerais Fosforescentes
Igual que no caso da fluorescencia existen certos minerais que tamén teñen propiedades fosforescentes. Estes son minerais moi estraños e raros de atopar, pero moi espectaculares dado que o ter fosforescencia implica que tamén teñen fluorescencia. A súa luminiscencia ven dada, en xeral, pola presenza de ións de elementos das terras raras na súa estrutura. Cabe destacar por exemplo a willemita, cuxa fosforescencia é verde e ven dada pola presenza de arsénico na súa estrutura. A presenza do arsénico é moi pequena e iso fai que se considere como unha impureza. Con todo, non todas as willemitas teñen fosforescencia, pois segundo a súa zona de formación, se esta non é rica en arsénico non contería este elemento como impureza e non faría fosforescencia.