Foo Fighters é o álbum de estrea da banda estadounidense de rock alternativoFoo Fighters. Foi editado en 1995 a través de Roswell/Capitol Records. Nese tempo o único membro oficial do grupo era Dave Grohl, que compuxo e gravou todo o álbum (coa excepción dunha guitarra gravada por Greg Dulli) coa asistencia do produtor Barrett Jones nos Robert Lang Studios de Seattle en 1994.