Franz Stahl

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Franz Stahl
Naceu 30 de outubro de 1962 (52 anos)
Orixe Estados Unidos Flag of the United States.svg
Instrumento(s) guitarra
Relacionado con Foo Fighters, Scream, Wool

Franz Stahl, nado o 30 de outubro de 1962, foi o guitarrista da banda de hardcore punk Scream, onde o seu irmán Peter Stahl era o cantante. Foi tamén membro de Foo Fighters durante un breve período de tempo, de 1997 a 1999, sendo o substituto de Pat Smear. Foi substituído por Chris Shiflett durante a gravación do álbum There Is Nothing Left to Lose, debido a diferenzas creativas. Antes dos Foo Fighters, Franz tocou na banda Wool dende 1990 ata 1996 xunto ao seu irmán. Dende 1997 ata xullo do 2005, Franz Stahl tocou xunto ao músico xaponés J.

Stahl é un grande seareiro da Gibson Les Paul, a cal normalmente usa. Porén, no vídeo musical para o tema de Foo Fighters "My Hero", Franz toca unha Fender Stratocaster.

Na actualidade Stahl vive en Hollywood, California. Compón a súa propia música e sóbea ao seu MySpace.