Chris Shiflett

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chris Shiflett
Chris Shiflett.jpg
Nome completo Christopher Aubrey Shiflett
Naceu 6 de maio de 1971 (43 anos)
Orixe Santa Barbara, California Flag of the United States.svg
Instrumento(s) guitarra
Relacionado con Foo Fighters, No Use For A Name

Christopher Aubrey Shiflett (nacido o 6 de maio de 1971) é guitarrista da banda de rock alternativo Foo Fighters. Uníuse á banda despois da edición do seu terceiro traballo, There Is Nothing Left to Lose. O primeiro álbum no que tocou foi One by One. É irmán do baixista Scott Shiflett.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Shiflett comezou a súa carreira musical nunha banda chamada Lost Kittenz, con actuais membros de Sugarcult. Antes de unirse aos Foo Fighters, Shiflett foi guitarrista na banda de punk rock No Use For A Name. Foo Fighters perdera aos seus dous guitarristas anteriores, Pat Smear (que tocara en The Germs e fora guitarrista de xira de Nirvana) e o seu substituto na banda, o compañeiro de Dave Grohl en Scream Franz Stahl, convocando unha audición para un novo guitarrista. Vendo unha oportunidade que non podía deixar pasar, Chris deixou a súa banda e realizou a audición.

A súa saída foi difícil, xa que No Use for a Name estaba a piques de comezar unha xira para presentar o seu recente álbum More Betterness!. Finalmente foi reemprazado por Dave Nassie, guitarrista durante moito tempo da banda Suicidal Tendencies.

Na actualidade toca na banda de versións punk rock Me First and the Gimme Gimmes, no seu propio proxecto paralelo Jackson United e en Viva Death co seu irmán Scott. En varios proxectos Shiflett actuou baixo o nome de Jake Jackson.

No ano 2009 tocou nunha banda chamada The Real McCoy, fundada por Andy McCoy, guitarrista do desaparecido grupo finés Hanoi Rocks. A banda separouse despois de dar só tres concertos. En 2010 Shiflett creou un novo proxecto paralelo orientado cara o country, Chris Shiflett & the Dead Peasants, co que leva editado un álbum auto-titulado.