Florentino Rodríguez Pico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFlorentino Rodríguez Pico
Biografía
Nacemento21 de xuño de 1914 Editar o valor em Wikidata
Muñás, Valdés, España Editar o valor em Wikidata
Morte18 de febreiro de 1941 Editar o valor em Wikidata (26 anos)
Canedo, León, España (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , guerrilleiro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Florentino Rodríguez Pico, coñecido como Maestro de Villarmeirín ou Florentino Pico, nado en Muñas (Valdés) o 21 de xuño de 1914 e finado en Canedo (Arganza) o 18 de febreiro de 1941, foi un mestre e guerrilleiro antifranquista asturiano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Maxisterio na Escola Normal de Oviedo (1928-1932). Mestre en Villarmeirín (Ibias), estaba afiliado á Agrupación Socialista de Villarmeirín. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 formou parte do Comité de Guerra de Muñás. Foi capitán do exército leal no batallón Bárzana. Coa caída de Asturias en outubro de 1937 fuxiu ao monte permanecendo na zona de Oscos. En 1938 era membro do grupo de César Terrón Abad formado por antigos combatentes da fronte asturiana, na súa maioría cenetistas, como Eusebio García García, Ramiro Pérez Granja, José Vázquez Gómez e Antonio Vega Guerrero que actuaba ao norte de Ponferrada. Logo da morte de César Terrón o 21 de xullo de 1940, Florentino tomou o mando do grupo que pasou ao Bierzo. Morreu nun enfrontamento coa Garda Civil nun piñeiral de Canedo o 18 de febreiro de 1941 con outros cinco guerrilleiros: Dalmiro Lamas Cerezales, Gerardo Lamas Mauriz, Luis Martínez Rodríguez, Gerardo González Ochoa e Brindis Mauriz Rodríguez. No enfrontamento tamén resultou morto o garda civil Nicasio González Arias.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • García Piñeiro, Ramón (2015). Luchadores del ocaso. Represión, guerrilla y violencia política en la asturias de posguerra (1937-1952). Oviedo: RKR Ediciones. pp. 34–36. ISBN 978-84-8367-493-2. 
  • Redondo Abal, Francisco Xabier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 122. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]