Antonio Vega Guerrero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio Vega Guerrero
Biografía
Nacemento1917 Editar o valor em Wikidata
Arganza, España Editar o valor em Wikidata
Morte12 de novembro de 1943 Editar o valor em Wikidata (25/26 anos)
Vilavella, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata

Antonio Vega Guerrero, coñecido como Rizoso, nado en San Juan de la Mata (Arganza) en 1917 e finado en Vilavella (Triacastela) o 12 de novembro de 1943, foi un guerrilleiro antifranquista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Logo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 o seu irmán Luciano foi asasinado en agosto polos falanxistas na Veiga de Espiñareda. Logo da caída de Asturias en outubro de 1937 formou parte dun grupo de 37 combatentes, encabezados polo cenetista César Terrón Abad, que conseguiron conseguido chegar á zona de Fabeiro, onde estableceron unha base. No grupo estaban Ramiro Pérez Granja, Manuel Bermúdez Fernández, Vicente Seoane Rousso, Amadeo Ramón Valledor, Florentino Rodríguez Pico, Gerardo Cañedo González e Domingo Villar Torres.

Logo da eliminación de César Terrón o 21 de xullo de 1940 e do seu grupo entre finais de 1940 e principios de 1941, só Antonio Vega e Joaquín Lage Fernández lograron seguir no monte e sumáronse ao grupo do cenetista Serafín Fernández Ramón e á Federación de Guerrillas de León-Galicia. Foi abatido pola Garda Civil en Vilavella o 12 de novembro de 1943 xunto con Pedro Voces Canóniga e Félix Yáñez González. O outro membro do grupo, Ovidio Peláez Rodríguez, logrou fuxir, pero morreu uns meses despois durante un combate na provincia de León.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]