Fita de San Xurxo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira da fita de San Xurxo
Fita de San Xurxo atada. Este deseño pénsase que simboliza o poder da pólvora. Tamén se pensa que deriva das cores do escudo de armas orixinal do Imperio Ruso (aguia negra sobre un fondo dourado). Foi adoptada pola orde de San Xurxo, establecida en 1769.

A fita de San Xurxo (en ruso: Георгиевская ленточка) ou fita dos gardas no período soviético é un símbolo militar ruso consistente nunha fita cun deseño de tres raias negras e dúas laranxas. Utilízase como compoñente de moitas altas condecoracións militares concedidas polo Imperio Ruso, a Unión Soviética e a actual Federación Rusa.

A principios do século XIX a fita de San Xurxo utilizouse como unha fita de concienciación para conmemorar aos veteranos da fronte oriental da segunda guerra mundial (coñecida en Rusia e países postsoviéticos como a Gran Guerra Patriótica). É o principal símbolo que se usa asociado co Día da Vitoria. Ten moita popularidade en Rusia como símbolo patriótico, así como unha maneira de mostrar apoio público ao goberno de Rusia.[1] Desde 2014 o símbolo pasou a ser máis controvertido en certos países postsoviéticos como Ucraína e os países bálticos, debido á súa asociación co sentimento prorruso e separatista,[2] especialmente despois do comezo da invasión rusa de Ucraína de 2022, cando foi asociada co nacionalismo e o militarismo rusos.[3]

Historia[editar | editar a fonte]

Espada dourada do valor, un dos primeiros exemplos en que a fita de San Xurxo se usou independentemente.
Bandeira naval rusa coa Orde de Nakhimov e a fita dos gardas no cruceiro Moskva en 2016 (barco que foi afundido na guerra de Ucraína de 2022)
Residentes da rexión ucraína ocupada por Rusia de Donetsk portando retratos dos seus devanceiros que participaron na segunda guerra mundial, xunto con fitas de San Xurxo, o 9 de maio de 2015

A fita de San Xurxo xurdiu como parte da Orde de San Xurxo, establecida en 1769 como a máis alta condecoración militar da Rusia imperial (e foi reestablecida en 1998 por un decreto asinado polo entón presidente de Rusia Boris Eltsin). Aínda que a Orde de San Xurxo non era normalmente un premio colectivo, a fita ás veces concedíase a rexementos e unidades que se comportaran brillantemente durante os tempos de guerra e constituía unha parte integral dalgúns honores de batalla colectivos (como estandartes e pendóns). Cando non se concedía a Orde completa, algúns oficiais distinguidos recibían espadas cerimoniais adornadas con esta fita.

As fitas de San Xurxo orixinais desapareceron xunto con outras concecoracións da época tsarista despois da Revolución de outubro comunista, aínda que se permitiu que os que xa recibiran a Cruz de San Xurxo continuasen usándoa. Porén, o símbolo reaparecería durante a segunda gruerra mundial, como símbolo da unidade de gardas de nova creación da Unión Soviética, cuxos escudos e estandartes estaban adornados con fitas negras e laranxas de xeito similar aos rexementos imperiais rusos.[4] Posteriormente, a mesma fita usaríase para a Orde da Gloria (ruso: Орден Славы, Orden Slavy), unha condecoración dada ao valor aos soldados e oficiais non comisionados similar á Cruz de San Xurxo tsarista, e na medalla "Pola Vitoria sobre Alemaña" (ruso: За победу над Германией, Za pobedu nad Germaniyey), concedida a case todos os veteranos que participaron nas campañas da fronte oriental.

Como parte das condecoracións tsaristas, a fita foi tamén usada polos colaboracionistas con Alemaña do Exército de Liberación Ruso.[5]

En 2005, para conmemorar o 60º aniversario da vitoria da Unión Soviética sobre Alemaña (Día da Vitoria; 9 de maio de 1945), a axencia de noticias do estado ruso RIA Novosti e a organización xuvenil cívica РООСПМ «Студенческая Община» lanzaron unha campaña pedindo voluntarios para distribuír a fita polas rúas antes do Día da Vitoria.[5]

Durante a invasión rusa de Ucraína de 2022 as cores da fita utilizáronse xunto co símbolo militar "Z", que se converteu nun símbolo proguerra que apareceu por toda Rusia.[6][7]

En decembro de 2022 o presidente Vladimir Putin asinou unha lei que convertía a profanación desta fita nun delito criminal, e a lei designaba a fita como un símbolo oficial de gloria militar que só podía usarse en eventos "dedicados a datas sinaladas en Rusia" ou co "obxectivo da educación patriótica e moral-espiritual de cidadáns rusos".[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Kashin, Oleg (1 de maio de 2015). "Hunting swastikas in Russia". OpenDemocracy.net. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2018. Consultado o 24 de maio de 2023. 
  2. Karney, Ihar; Sindelar, Daisy (7 de maio de 2015). "For Victory Day, Post-Soviets Show Their Colors – Just Not Orange And Black". Radio Free Europe/Radio Liberty. 
  3. "A Ukrainian City Under a Violent New Regime". The New Yorker (en inglés). 2022-05-13. Consultado o 2022-05-31. 
  4. Alexei Rudevich (25 de abril de 2014). 5 фактов о георгиевской ленте [5 Facts about the Saint George Ribbon]. Russia7 (en ruso). Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2015. Consultado o 23 de febreiro de 2015. 
  5. 5,0 5,1 "Ukraine breaks from Russia in commemorating victory". Kyiv Post. Consultado o 8 de maio de 2015. “Nos anos 1960-70 nonse víasn fits de San Xurxo durante os desfiles do Día da Vitoria. Se algúen as lucía era unha violación da lei. 
  6. MacFarquhar, Neil (8 de marzo de 2022). "The letter 'Z' has become a symbol for Russians who support the invasion of Ukraine.". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 8 de marzo de 2022. Consultado o 8 de marzo de 2022. 
  7. "The letter Z is becoming a symbol of Russia's aggression in Ukraine. But what does it mean?". NPR. 9 de marzo 2022. 
  8. "Russia Makes 'Desecration' of St. George Ribbon Criminal Offense". The Moscow Times. 29 de decembro de 2022.