Cremalleira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cremalleiras.

A cremalleira é un tipo de peche aplicado na industria da confección. Foi inventada en 1893 polo estadounidense Whitcomb Judson. Consiste en dúas tiras de xénero cunha continua repetición de ganchos de unión con certa rixidez xeral, e dun simple aparato de unión. Estes ganchos, ao seren abertos e xuntados de forma contraria, fican unidos xa que non teñen suficiente espazo para se desprazaren debido a que o anterior está unido. O sistema de unión consiste simplemente de dúas cámaras que se xuntan, variando o ángulo para producir a separación dos ganchos. Ao ser aberto, este obriga aos ganchos a entrar da forma correcta na bifurcación para logo unir ambas as dúas fileiras de ganchos. Ao pechalo, fai a inversa xa que aproveita a mesma bifurcación que dada polo ángulo para que os ganchos se separen tal como o faría a auga na bifurcación dun río. Trátase dun mecanismo moi común que serve para permitir a unión de dous téxtiles por vontade do usuario doadamente.