Fernando Esteso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFernando Esteso

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de febreiro de 1945 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Zaragoza, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor , cantante , guionista , director de cinema , actor de televisión Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoGuitarra Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0261681 Allocine: 244296 Allmovie: p219553
Musicbrainz: 8cfc6f4b-6cca-4d55-ad35-b7d09bc0e130 Songkick: 4777343 Discogs: 278836 Editar o valor em Wikidata

Fernando Julián Esteso Allué, nado en Zaragoza o 16 de febreiro de 1945, é un actor, director, guionista, cantante e humorista de cine, teatro e televisión español.

A relación de Fernando Esteso co mundo do espectáculo foi bastante cedo, comezando a traballar como pallaso co seu pai cando era só un neno.[1]

Trasladouse a Madrid en 1964 aos dezanove anos, onde pouco despois debutou como actor de teatro e en 1972 actuaba co seu propio espectáculo.[2] Xa na década de 1970 fíxose popular como humorista en diversos programas de televisión, gravando clásicos do humor ibérico como o comercial "Coñac La Parra". Máis tarde fíxose famoso polos filmes erótico-humorísticos que, xunto a Andrés Pajares, protagonizou a finais dos 70 e principios dos 80.[3]

Tamén tivo certo éxito como cantante humorístico. As súas cancións máis coñecidas foron El Bellotero (un xogo de palabras con La Bella Otero) e La Ramona.[4] Aproveitando o éxito e a fama que conseguira, en 1987 escribiu, dirixiu e protagonizou unha película para vídeo, titulada Viva la risa. Ese mesmo ano, protagonizou con Pajares a obra La extraña pareja, de Neil Simon.

Despois de máis de dez anos de traballo ininterrompido no cinema español, encarnando na súa maioría personaxes de cómic con grande éxito de recadación, protagonizou en 1991 El amor sí tiene cura, de Javier Aguirre.

En 1993, case definitivamente separado do cine, con agarimo aos seus seguidores, fichou por Telecinco, onde presenta La ruleta de fortuna (1993) e Veraneando (1993) con Bertín Osborne e Remedios Cervantes. Porén, varios problemas cun contrato asinado impedironlle durante uns anos participar noutras producións. Os tribunais obrigaron finalmente á cadea de televisión Telecinco, en marzo de 2001, a indemnizarlle por danos e perdas, posto que reclamara rescindir o contrato co actor, que se atopaba "en estado de deterioración física e psíquica", [5] o importe da indemnización ascendeu a máis dun millón de euros.[6]

Actualmente reside en Valencia. En 2006 corría o rumor dunha posible nova película do famoso e exitoso dúo Pajares-Esteso chamada El código Aparinci,[7] despois falouse dunha segunda parte de Los bingueros, pero os dous proxectos non remataron de prosperar. En 2011 gravou unha nova versión da súa canción La Ramona con King Africa.[8]

En marzo de 2012, participou no episodio 7 da serie web de cómic Los hijos de Mambrú,[9] dirixida por Óscar Parra de Carrizosa. En 2016 volve ao cine coa película Re-Emigrantes, dirixida novamente por Parra de Carrizosa.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Como actor[editar | editar a fonte]

Como director[editar | editar a fonte]

Como guionista[editar | editar a fonte]

Como invitado[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Premios Simón[10]
Ano Categoría Resultado
2016 Simón de honor Gañador

Notas[editar | editar a fonte]

Referencias

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]