Febe (Biblia)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Santa Febe
Diaconisa
Biografía
Nacementoséculo I d.C. en Corinto ?
PasamentoSéculo I d.C. en Roma, Corinto ?
Proceso de canonización
Veneración
Venerado/a enIgrexa católica
Festividade3 de setembro na Igrexa Católica e na Igrexa ortodoxa
25 de outubro na Igrexa luterana

Febe (en grego koiné Φοίβη) foi unha cristiá mencionada por San Paulo na súa Epístola aos Romanos (Romanos: 16, 1).[1]

Vida e obra[editar | editar a fonte]

Febe era unha cristiá, descrita e Romanos como unha muller que "estaba ao servizo" da Igrexa en Cencrea.

Itsmo de Corinto, onde se pode ver a situación da cidade, e do porto de Cencrea.

Dependendo da versión, aparece como unha serva, de utilizarse unha versión xeral, e non dunha máis específica do orixinal grego. Outros traducen o termo como diaconisa.[1]

A palabra grega διάκονον (diákonon), utilizada para describir a Febe, é unha forma masculina do substantivo, que podería traducirse como diácono, e non diaconisa, aínda que tamén pode traducirse por servente.[2]

Mentres que algúns estudosos manteñen que Paulo tiña restrinxido o cargo de diácono aos homes: un versículo na Primeira Epístola a Timoteo (1 Timoteo), tradicionalmente atribuída a Paulo, frecuentemente se utiliza como a maior fonte de autoridade na Biblia para que ás mulleres lles sexa vedado o sacramento da orde, ademais doutras posicións de liderado e ministerio no cristianismo.

A Epístola a Timoteo tamén se utiliza moitas veces por algunhas igrexas para negarlles o voto ás mulleres en asuntos eclesiásticos e en postos de ensino para público adulto, e tamén para non darlles permiso para o traballo en misións.[3]

11 A muller aprenda en silencio con toda a suxeición;
12 pois non permito á muller que ensine, nin que teña dominio sobre o home; senón que estea en silencio.

13 Pois Adán foi formado primeiro, e despois Eva.

14 Adán non foi seducido, pero a muller foi quen, deixándose ilusionar, caeu na transgresión;
Biblia: 1 Timoteo, 2: 11-14

Estes versículos parecen dicir que as mulleres non debe ter na igrexa ningún papel de liderado fronte aos homes [4]

Se nelas tamén se prohibe ás mulleres ensinar a outras mulleres, ou a nenos, é dubidoso, pois até mesmo nas igrexas católicas que prohiben o sacerdocio feminino, permiten que as abadesas ensinen e teñan posicións de liderado sobre outras mulleres. Calquera interpretación desta parte das escrituras ten que enfrontarse coas dificultades teolóxicas, contextuais, sintácticas e léxicas destas poucas palabras.[5]

Outros contestan esa afirmación. Cando, describindo as cualidades que deben ter os que ocupan o cargo de diácono, Paulo escribiu que as gunaikas ("mulleres"):

deben ser serias, non malfaladas, sobrias, fieis en todo.
Biblia: 1 Timoteo, 3: 11

Combinado isto co feito de que Paulo chamou a Febe diakonos da igrexa, a instrución do apóstolo para as "mulleres" na Primeira Epístola a Timoteo pode indicar que talvez houbera unha orde entre os servos na igrexa primitiva que incluíra membros homes e tamén mulleres.

Algúns estudosos cren que Febe foi a responsábel de entregar a Epístola aos Romanos aos membros da comunidade en Roma.[1][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 I commend to you our sister Phoebe, a deaconess of the church at Cenchreae; (Romans: 16, 1).Catholic on line. Consultada o 12 de xuño de 2011. (en inglés)
  2. Véxase a transliteración do orixinal grego de Romanos: 16, 1 aquí
  3. Kroeger, Richard C. & Catherine, C. (1992): I Suffer Not a Woman. Baker Book House. ISBN 0-8010-5250-5
  4. Wright, N. T. (2009): The Biblical Basis for Women’s Service in the Church. Consultada o 9 de xuño de 2011. (en inglés)
  5. Moore, Terri D. (2009): Chapter Six: Conclusions on 1; Timothy 2:15. bible.org Arquivado 30 de outubro de 2011 en Wayback Machine. Consultada o 9 de xuño de 2011. (en inglés)
  6. Borg, Marcus & John Dominic Crossan (2009): The First Paul: Reclaiming the radical visionary behind the church's conservative icon. London: SPCK.