Falsete

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Partes da larinxe

A voz de falsete ou voz de cabeza é un timbre vocal especial, máis agudo que o timbre natural. Cando se produce, as cordas vocais non fican xuntas en toda a súa extensión, senón que se afastan na parte anterior, o que acurta a súa extensión vibrante e aumenta a frecuencia do son fundamental.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Falsete é unha analoxía do adxectivo francés fausset, palabra presente dende o século XIII, que vén do adxectivo faux, a través do español falsete, de falso. Posiblemente, en español, proceda do italiano falsetto.

Descrición[editar | editar a fonte]

O falsete utilízase para alcanzar notas máis altas das que se obteñen normalmente. O modo de conseguilo é elevando a larinxe, na proxección cara abaixo da súa parte anterior. Nesta posición, as cordas vocais en estado de laxitude, o músculo vocal non se pode modificar, os aritenores péchanse con forza e a parte superior das cordas vocais non pode vibrar pola postura adoptada. As únicas partes que vibran son os bordes máis finos das zonas media e anterior.

Tipos de falsete[editar | editar a fonte]

O falsete pode ser patolóxico, mecánico ou artístico:

  • O falsete patolóxico é o mutacional, que afecta aos pospúberes e adultos masculinos. As causas máis usuais son endócrinas (por mor da debilidade dos músculos bucais) ou psicolóxicas (por dificultade de adaptación á nova voz). Por este motivo, non é frecuente atopar voces de falsete mutacionais en mulleres ou nenos.
  • O falsete mecánico é a voz dun home cando imita a voz dunha muller ou neno. Esta voz realízase de modo voluntario e non supón ningún esforzo para o aparello fonador. Outra variación aparece cando unha voz non cultivada masculina canta por riba das súas posibilidades. Isto prodúcese porque cando se vai subindo de ton ao cantar, ao chegar ao punto de máxima contracción muscular, a larinxe sofre unha dilatación brusca. Entón, unha parte das cordas vocais perde presión e dobra a súa frecuencia (adoptando a oitava da muller, que é unha máis alta) e é entón cando soa como a voz dunha muller. Este fenómeno non se produce en voces estudadas. O punto no que se pasa dunha voz a outra é denominado paso de voz.
  • O falsete artístico é aquel que se usa deliberadamente.

Existe outro tipo de falsete pospúbere, que non se inclúe na clasificación anterior, que é unicamente técnico. O púbere, co fin de disimular os galos do cambio da súa voz, utiliza o falsete como voz substitutiva. No momento que quere acceder a súa voz masculina, como non a ten traballada, non a sabe utilizar. Estes problemas arránxanse coa fonoterapia con relativa facilidade.

Historia[editar | editar a fonte]

Ao longo da historia vocal, os cantantes que utilizaban o falsete artístico foron substituídos polos castrati (dos séculos XVI ao XIX). Cantaron con moita sona durante tres séculos. O último que se coñece é Alessandro Moreschi que morreu no 1922. Crese incorrecto denominar aos castrati como falsetistas, debido a que a súa voz non é finxida, polo que se dan en chamar sopranistas (debido a que posuían unha voz culta). Actualmente, os homes que educan a súa voz como sopranistas reciben o nome de contratenores.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Tulon, C. (2000) La voz. Barcelona: Ed. Paidotribo. (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]