Falcon 9

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Falcon 9
Falcon 9 na rampa de lanzamento, preparado para o terceiro voo.
Falcon 9 na rampa de lanzamento, preparado para o terceiro voo.
Función Lanzador espacial pesado.
Fabricante SpaceX
Tamaño
Altura 55,0 m[1]
Diámetro 3,60 m[1]
Masa 333.400 kg[1]
Etapas 2[1]
Capacidade
Carga útil a LEO 10.450 kg[1]
Carga a
GEO
4540 kg[1]
Foguetes asociados
Familia Falcon[1]
Historia de lanzamentos
Estado Activo[1]
Sitios de lanzamento Centro Espacial de Cabo Cañaveral[1][2]
Total de lanzamentos 4[1]
Éxitos 3[1][2]
Fallos parciais 1[1][2]
Voo inaugural 4 de xuño de 2010[1]
Último voo 8 de outubro de 2012[1]
Primeira Etapa - Falcon 9-1[1][2]
Diámetro 1,70 m[1][2]
Motores 9 Merlin 1-C[1][2]
Pulo
Propelente Queroseno/Oxíxeno líquido[1]
Segunda Etapa - Falcon 9-2[1][2]
Diámetro 1,70 m[1][2]
Motores 1 Merlin 1-C[1][2]
Pulo
Propelente Queroseno/Oxíxeno líquido[1][2]


Falcon 9 é o nome dun dos modelos de foguete da serie Falcon, construído por SpaceX.[1]

Características[editar | editar a fonte]

Falcon 9 foi deseñado pola empresa SpaceX para ser un lanzador barato e parcialmente reutilizable. Como propelente usa queroseno e oxíxeno líquido e usa nove motores Merlin 1-C na primeira etapa e un Merlin 1-C na segunda. O Falcon 9 foi parte da oferta coa que SpaceX concursou na competición Commercial Orbital Transportation Services (COTS) da NASA e pola que recibiu 278 millóns de dólares para facer tres voos de demostración coa cápusula Dragon como carga. O 23 de decembro de 2008 a NASA anunciou que o Falcon 9 xunto coa cápsula Dragon foran elixidos para realizar voos de proba e abastecemento á Estación Espacial Internacional no período entre 2010 e 2014, cun valor de 1600 millóns de dólares.[1][2]

A metodoloxía de lanzamento do Falcon 9 implica un sistema de "aguantar antes de soltar", no que un sistema de agarradeiras mantén no seu sitio ó foguete durante o encendido dos motores ata que a comprobación dos sistemas indica que todo está correcto e funcionan con normalidade. Se non é así, un sistema automático aborta o encendido e descarga os propelentes do foguete. Cada motor está rodeado dun escudo de kevlar para protexerse no caso de que algún motor veciño sufra algún problema que desemboque na explosión do mesmo. Moitos dos sistemas e principios nos que se basea o Falcon 9 foron probados previamente no Falcon 1.[1][2]

A estrutura dos tanques da primeira e segunda etapas están feitas na aliaxe aluminio 2219. A sección entre as dúas etapas está feita dunha estrutura en panel de abella de fibra de carbono.[1][2]

Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Voo[2][1] Data[2][1] Carga[2][1] Resultado[2][1] Notas
1 4 de xuño de 2010 Maqueta da cápsula Dragon. Éxito. Primeiro voo dun Falcon 9.
2 8 de decembro de 2010 Dragon C1, SMDC-ONE 1, Qbx 1, Qbx 2, Mayflower-Caerus, Perseus 000, Perseus 001, Perseus 002, Perseus 003 Éxito
3 22 de maio de 2012 Dragon C2, Celestis 11 Éxito
4 8 de outubro de 2012 Dragon CRS-1, Orbcomm FM44 Éxito parcial Fallo dun dos motores aos 80 segundos de voo. A cápsula Dragon foi posta en órbita, pero o Orbcomm foi posto nunha órbita demasiado baixa, reentrando na atmosfera.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Falcon 9

Outros artigos[editar | editar a fonte]