Órbita baixa terrestre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Diagrama das divisións do espazo terrestre segundo as órbitas. A zona 2 é a de órbita baixa terrestre.

Co concepto de órbita baixa terrestre (a miúdo denominado LEO, Low Earth Orbit) faise referencia ás órbitas arredor da Terra cun apoxeo de menos de 2000 quilómetros. Na práctica, a cota inferior deste tipo de órbitas, o perixeo, sitúase nos 160 quilómetros, xa que debido ó rozamento atmosférico, unha órbita a esa altura é inestable e decae rapidamente.[1]

Tódolos voos espaciais tripulados, excepto as misións lunares do proxecto Apollo, teñen lugar na órbita baixa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "IADC Space Debris - Mitigation Guidelines" (en inglés) (PDF). INTER-AGENCY SPACE DEBRIS COORDINATION COMMITTEE. setembro de 2007. http://www.iadc-online.org/Documents/IADC-2002-01,%20IADC%20Space%20Debris%20Guidelines,%20Revision%201.pdf. Consultado o 3 de xullo de 2013.