Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O FC Spartak Trnava é un club de fútbol eslovaco con sede en Trnava. Historicamente é un dos clubs de máis éxito do país, xa que gañou cinco veces a Primeira Liga de Checoslovaquia e catro veces a Copa de Checoslovaquia, ademais de acadar unha vez as semifinais da Copa de Europa e dúas veces os cuartos de final.[1][2] Trala disolución de Checoslovaquia, o club gañou unha liga eslovaca en 2018 e tres Copas de Eslovaquia en 1998, 2019 e 2022.
- Superliga de Eslovaquia (1): 2017/18.
- Copa de Eslovaquia (4): 1997/98, 2018/19, 2021/22, 2022/23.
- Primeira Liga de Checoslovaquia (5): 1967/68, 1968/69, 1970/71, 1971/72, 1972/73.
- Copa de Checoslovaquia (4): 1967, 1971, 1975, 1986.