Félix Yáñez González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFélix Yáñez González
Biografía
Nacemento1918 Editar o valor em Wikidata
Bilbao, España Editar o valor em Wikidata
Morte12 de novembro de 1943 Editar o valor em Wikidata (24/25 anos)
Vilavella, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmineiro , guerrilleiro Editar o valor em Wikidata

Félix Yáñez González, alcumado Comunista ou Vasco, nado en Bilbao en 1918 e morto en Vilavella (Triacastela) o 12 de novembro de 1943, foi un guerrilleiro antifranquista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mineiro de profesión, residía na localidade berciana de Campelo (Arganza). Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 trasladouse a fronte de Asturias para defender a República. Coa caída da fronte asturiana en outubro de 1937, uniuse ao grupo de Florentino Rodríguez Pico Maestro de Vilarmeirín, até o falecemento deste en febreiro de 1941. Despois formou parte do grupo de Serafín Fernández Ramón Santeiro, co que participou na liberación de varios presos do campo de traballo de Minas Moro en Fabeiro.[1] En marzo de 1942 formaba parte do grupo que deu morte a seis persoas que viaxaban nunha camioneta cara a feira de Cangas de Narcea, suceso no que tamén se produciron nove feridos.[2] O grupo disolveuse tras a posterior represión por estes feitos, e Félix integrouse de seguido no grupo dos Pitacegas, xunto aos irmáns Voces Canóniga: Pedro (que xa formara parte do grupo de Santeiro) e Salvador. O 12 de novembro de 1943 atopabase en Vilavella na compaña de Pedro Voces Canóniga, Antonio Vega Guerrero e Ovidio Peláez Rodríguez. Foron sorprendidos pola Garda Civil tras ser traizoados por un confidente e só Ovidio puido fuxir despois dunha hora de intercambio de disparos.

O seu corpo foi recuperado pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica do Bierzo no ano 2010 xunto os de Pedro Voces Canóniga e Antonio Vega Guerrero e soterrado no cemiterio do Barco de Valdeorras o 14 de abril de 2018.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Heine, Hartmut (1980). A guerrilla antifranquista en Galicia. Edicións Xerais de Galicia. p. 42. ISBN 84-7507-011-6. 
  2. García Piñeiro, Ramón (2015). Luchadores del ocaso (en castelán). KRK Ediciones. pp. 587–589. ISBN 978-84-8367-568-7. 
  3. "El entierro del guerrillero antifranquista Félix Yáñez, 75 años después". La Región. 

Vexáse tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Ediciós do Castro. p. 142. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]