Evdokyia Zavalyi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEvdokyia Zavalyi

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ru) Евдокия Николаевна Завалий
(uk) Євдокія Миколаївна Завалій Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de maio de 1924 Editar o valor em Wikidata
Novyi Buh, Ucraína (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte5 de maio de 2010 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Kíiv, Ucraína Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério de Baikove (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeUcraína Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar , unlicensed assistive personnel (en) Traducir , oficial Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército Soviético (pt) Traducir e Soviet Naval Infantry (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rango militarPolkovnik Soviet Army (en) Traducir
Unidades da Guarda (pt) Traducir
Coronel Editar o valor em Wikidata
Comandante de (OBSOLETO)Pelotão de fuzileiros (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ConflitoFronte Oriental (segunda guerra mundial) Editar o valor em Wikidata


Evdokyia Nykolaevna Zavalyi (en ucraíno: Євдокія Миколаївна Завалій), nada en Novyi Buh, Rexión de Mykolaiv, o 28 de maio de 1924 e finada en Kíiv o 5 de maio de 2010, foi a única muller comandante dun pelotón mariño durante a segunda guerra mundial, co rango de coronel.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Chegada da segunda guerra mundial[editar | editar a fonte]

A segunda guerra mundial comezou pouco despois de que cumprise os 15 anos. Tentou varias veces alistarse no Exército Vermello e pediu ir á fronte, pero foille negado debido á súa minoría de idade.[1]

Traballou nunha granxa colectiva, ata que o 25 de xullo de 1941, a guerra chegou a Novyi Buh.[2][3] A aviación alemá someteu a cidade a un ataque aéreo, lanzando bombas e metrallando as unidades do Exército Vermello que se retiraban.[1] Baixo os bombardeos, Evdokyia vendou e tratou a soldados e xenerais feridos e suplicou aos mandos que a levasen consigo como enfermeira. Finalmente conseguiu o seu obxectivo e uns días despois deixou a súa vila natal como enfermeira do 96º Rexemento de Cabalería, dentro da 5ª División do 2º Corpo de Cabalería.[1]

O 13 de agosto de 1941, as tropas alemás chegaron a Novyi Buh. A súa ofensiva foi detida por unidades da 169ª División de Infantaría do 18º Exército. Pola noite, as unidades soviéticas, por orde do mando, abandonaron a vila e o 14 de agosto de 1941 os alemáns ocupárona.[1]

Durante a retirada, mentres o 96º Rexemento de Cabalería cruzaba o río Dniéper na rexión de Khórtisia, Evdokyia sufriu unha ferida profunda no estómago e foi enviada ao hospital de Kurhannaia en Kuban, onde recibiu a súa primeira condecoración, a Orde da Estrela Vermella, por salvar a vida do comandante dun batallón aerotransportado baixo un ataque aéreo inimigo na estación de ferrocarril de Kurhannaia.[1]

Entrada na Armada[editar | editar a fonte]

Despois do tratamento, foi enviada ao rexemento de reserva. Un día fíxose unha selección de soldados para a primeira liña e foi confundida cun home, pola súa vestimenta e porque nos documentos do hospital estaba rexistrada como "Zavalyi Evdok. Nick". Non corrixiu o erro e foi enviada á 6ª Brigada da Mariña Soviética co nome de Edvokym Zavalyi Nikolaevych.[1] Logrou manter o seu segredo durante 8 meses. Despois de capturar a un oficial alemán preto de Mozdok, foi enviada ao departamento de intelixencia, onde pronto se converteu en comandante.[4]

En agosto de 1942, mentres combatía preto de Hariachyi Klyuch, a súa unidade quedou rodeada ás beiras dun río turbulento. Durante sete días mantiveron as súas posicións, pero quedaron sen munición. "Evdokim" ofreceuse a cruzar ao outro lado do río para conseguir munición e comida entre os restos da batalla. Pola noite, atada a un cable, cruzou o frío río ata a costa inimiga, e alí recolleu balas e granadas dos corpos dos alemáns mortos. Encheu de munición dous impermeables e construíu unha balsa improvisada para regresar. Despois de transportar a munición volveu á beira inimiga, onde puxo un uniforme alemán e posicionouse tras un arbusto preto dunha estrada. Despois de que pasase un convoi de tanques, agardou polo convoi de camións e abriu fogo cunha metralladora. Os compañeiros da marxe oposta apoiárona con disparos antitanque e derrubaron varios camións. Tras cargar alimentos no chuvasqueiro, cruzou o río a nado, esquivando o lume de morteiro e metralladoras dos alemáns que a descubriron, conseguindo regresar con seguridade á outra beira do río.[1]

A finais de 1942 e principios de 1943 participou nas batallas para bloquear unha cabeza de ponte inimiga en Kuban, a través da cal pasaban a principal liña de ferrocarril e as estradas cara a Taman e Novorossiisk, que os alemáns converteran nun poderoso centro de defensa. Nunha das batallas, o comandante da compañía caeu morto e, vendo a confusión dos combatentes, Zavalyi tomou a iniciativa e liderou o ataque.[4] Nesta batalla resultou gravemente ferida e no hospital revelouse que era unha muller.

Ascensos e batallas[editar | editar a fonte]

Tendo en conta os seus méritos militares, o 18 de febreiro de 1943, foi enviada a un curso de seis meses para subtenentes na liberada vila de Severskaia, e en outubro de 1943, xa co rango de subtenente, foi enviada á 83ª Brigada de Infantaría Naval como comandante de pelotón dunha compañía de metralladores.[1]

Tamén en 1943 converteuse en membro do Komsomol. En novembro de 1943 participou no desembarco na península de Kerch durante a Operación Kerch-Eltigen. Ocupados unha cabeza de ponte, os paracaidistas resistiron numerosos ataques do inimigo, que intentaron tiralos ao mar.[1]

Ao mando dun pelotón, liberou Sebastopol e asaltou o Monte Sapuno, recibindo a Orde da Guerra Patriótica de primeiro grao por voar un búnker inimigo xunto á súa gornición e metralladora, irromper nas trincheiras inimigas, eliminar ata a 10 soldados inimigos e lanzar granadas sobre unha metralladora pesada e 2 morteiros.[5] Participou tamén nas batallas de Balaklava, Sakharnia Golovka e Kerch, cruzou o esteiro do Dnister, liberou Besarabia, loitou na liberación de Taman, Tuapse e Novorossiisk, e participou nos desembarco de Constancia, Varna as Burgas e Iugoslavia.

Durante a ofensiva de Budapest, Evdokyia Zavalyi e o seu pelotón pasaron polo sumidoiro da cidade con bombas de osíxeno e capturaron o búnker do comando alemán. Co seu pelotón, bloqueou a retirada dos tanques alemáns. Os paracaidistas baixo o seu mando derrubaron 7 tanques.

En abril de 1945 foi condecorada coa Orde da Bandeira Vermella e en setembro recibiu a Medalla pola Defensa do Cáucaso.[6]

Na posguerra[editar | editar a fonte]

Despois do final da guerra, quixeron mandala a estudar nunha escola militar, pero as súas catro feridas e dúas conmocións cerebrais afectárona. En 1947 foi desmobilizada e marchou a Kíiv. En Kíiv coñeceu ao seu futuro marido, co que tivo 2 fillos, 4 netos e 4 bisnetos, e traballou como directora dunha tenda de alimentos.

En 1985 foi condecorada coa Orde da Guerra Patriótica de 2º grao.[7]

Traballou activamente entre a mocidade. Viaxou a moitas cidades, unidades militares, barcos e submarinos relatando historias sobre o seu pelotón da Mariña. En maio de 2009 participou nas celebracións con motivo do Día da Vitoria e do 65 aniversario da liberación de Sebastopol e no outono visitou Acerbaixán cunha delegación de veteranos ucraínos. En total, en 2009 mantivo máis de 130 reunións con diferentes audiencias en Ucraína, Rusia, Acerbaixán e Moldavia.[1]

Morreu o 5 de maio de 2010 en Kíiv.

Condecoracións[editar | editar a fonte]

Foi condecorada con catro ordes militares e con preto de 40 medallas. Entre as súas condecoracións están as seguintes:[1]

Condecoracións ucraínas:

Foi membro do Consello de Veteranos de Ucraína.

Legado[editar | editar a fonte]

Evdokyia Zavalyi é cidadán honoraria de oito cidades, entre elas Belgorod-Dnestrovskyi, Burgas, Varna e Novyi Buh.[1]

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • Евдоким и Евдокия (2007), dirixida por M. Egorova.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 "«ГВАРДИИ ЛЕЙТЕНАНТ ДУСЯ»". konkurs.senat.org (en ruso). Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2012. Consultado o 19 de agosto de 2021. 
  2. "Гвардии лейтенант Дуся". proza.ru (en ruso). Consultado o 19 de agosto de 2021. 
  3. "КОМАНДИР МОРЯКОВ". a-z.ru (en ruso). Consultado o 19 de agosto de 2021. 
  4. 4,0 4,1 Egorov, Boris (5 de xuño de 2020). "Esta fue la única mujer al mando de infantes de marina soviéticos en la Segunda Guerra Mundial" (en castelán). Consultado o 19 de agosto de 2021. 
  5. "Завалий Евдокия Николаевна - Орден Отечественной войны I степени". pamyat-naroda.ru (en ruso). Consultado o 19 de agosto de 2021. 
  6. "Гурин Иван Дмитриевич". pamyat-naroda.ru (en ruso). Consultado o 19 de agosto de 2021. 
  7. "Завалий Евдокия Николаевна - Орден Отечественной войны II степени". pamyat-naroda.ru/ (en ruso). Consultado o 19 de agosto de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]