Eusko gudariak

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


O Eusko gudariak (orixinalmente "Euzko gudariak", que en galego se traduce como «soldados vascos») é unha canción tradicional vasca.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi escrita en 1932 por José María de Garate, entón presidente do Partido Nacionalista Vasco, baseándose na melodía de «Atzo Bilbon nengoen» (Onte estaba en Bilbao), unha canción tradicional arabesa. A letra foi modificada durante a Guerra Civil por Alejandro Lizaso Eizmendi[1] que lle engadiu a estrofa final para darlle un aire máis triunfante e combativo.

Durante a Guerra civil e o período de ditadura franquista adquiriu status de himno do País Vasco, aínda que o goberno Vasco de 1936 designara a melodía de Eusko Abendaren Ereserkia como tal. En 1983, cando se instituíron a bandeira e himno oficial da comunidade autónoma do País Vasco o Eusko Gudariak foi unha das melodías que se barallou para realizar esa función (as outras eran Gernikako arbola e o Eusko Abendaren Ereserkia (melodía do Gora ta gora) que finalmente foi o elixido). De todos os xeitos o Eusko gudariak segue estando considerado por algúns sectores da sociedade vasca, particularmente os vinculados á esquerda abertzale, como himno vasco e úsase deste xeito nos seus actos oficiais.

A canción foi publicada en discos por coros e grupos como Pantxoa eta Peio ou unicamente coa súa música, como é o caso da edición de cancións da república e da guerra, como o título publicado en 1982 polo PSOE A Internacional.

Incidentes de Guernica[editar | editar a fonte]

O 5 de febreiro de 1981, un grupo de máis de 30 representantes electos de Herri Batasuna cantou o «Eusko Gudariak» durante a visita do Rei Xoán Carlos I á Casa de Xuntas de Guernica, no que foi a súa primeira viaxe oficial ao País Vasco desde que foi coroado. Cando o Rei estaba realizando o seu discurso, os deputados abertzales interrompérono cantando, co puño no alto, o «Eusko Gudariak». O resto de deputados intentou acalalos con aplausos cara ao monarca[2], ata que, finalmente, foron sacados limpamente pola Ertzaintza, sen o menor incidente reseñable, da Casa de Xuntas.

Letra da version de Alejandro Lizaso Eizmendi[editar | editar a fonte]

Eusko Gudariak gara
Euskadi askatzeko,
gerturik daukagu odola
bere aldez emateko.

Irrintzi bat entzun da
mendi tontorrean
goazen gudari danok
Ikurriñan atzean.

Faxistak datoz eta
Euskadi da altxatzen.
Goazen gudari danok
gure aberria askatzen.

Eusko Gudariak gara
Euskadi askatzeko,
gerturik daukagu odola
bere aldez emateko.

Somos soldados vascos
para ceibar Euskadi,
temos preparado o sangue
para dalo por ela.

Sentiuse un irrintzi
no cumio do monte:
Imos todos os soldados
detrás da Ikurriña!

Contra os fascistas
érguese Euskadi.
Imos todos os soldados,
ceibar a patria!

Somos soldados vascos
para ceibar Euskadi,
temos preparado o sangue
para dalo por ela.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Morto na guerra en 1936 (en castelán).
  2. Patricia (2000), Un rei golpe a golpe, Arakatzen, pp. 176-179. ISBN 84-95659-10-7

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]