Eusebio Valdés Pastor
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1919 Castrogonzalo, España |
Morte | 13 de novembro de 2007 (87/88 anos) Madrid, España |
Procurador en Cortes | |
12 de maio de 1946 – 6 de abril de 1949 Lexislatura: II lexislatura das Cortes franquistas | |
Alcalde de Viveiro | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político , avogado |
Lingua | Lingua castelá |
Eusebio Valdés Pastor, nado en Castrogonzalo (provincia de Zamora) en 1919 finado en Madrid o 13 de novembro de 2007, foi un avogado e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo dun garda civil, chegou a Viveiro na infancia co traslado do seu pai. Tenente mutilado da División Azul, foi xefe da Falange de Viveiro.[1] Foi nomeado alcalde de Viveiro o 29 de marzo de 1943, permanecendo no cargo atá o 22 de decembro de 1950. Foi elixido procurador en Cortes como representante dos concellos de Lugo en maio de 1946, permanecendo no cargo até abril de 1952. Finou en Madrid o 13 de novembro de 2007.[2]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou en Viveiro con Laura Moreiras Mendizabal en 1943,[3] e foi pai de José Javier Valdés Moreiras.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Progreso, 14-2-1943, p. 3.
- ↑ "Falleció Eusebio Pastor, alcalde de Viveiro tras la guerra". La Voz de Galicia (en castelán). 14/11/2007.
- ↑ El Progreso, 3-7-1943, p. 2.
Predecesor: Francisco Aparicio García |
Alcalde de Viveiro 1943 - 1950 |
Sucesor: Alberto Michelena Rebellón |