Eugene Delmar
| Eugene Delmar | |
|---|---|
| Eugene Delmar | |
| Nacemento: | 12 de setembro de 1841 Nova York |
| Falecemento: | 22 de febreiro de 1909 Nova York |
| Nacionalidade: | Estadounidense |
| Ocupación: | Xogador de xadrez |
Eugene Delmar, nado en Nova York o 12 de setembro de 1841 e finado na mesma cidade o 22 de febreiro de 1909, foi un campión estadounidense de xadrez.
Traxectoria [editar]
Gañou o campionato do Club de Xadrez de Brooklyn de 1874. En 1879 derrotou a Sam Loyd en Nova York (+5 -1 =2). En 1885 gañou o campionato do Club de Xadrez de Manhattan, triunfo que repetiu ao ano seguinte. En 1888 derrotou a Samuel Lipschutz nun match xogado en Nova York (+5 -3 =0). Nos anos 1890, 1891, 1895 e 1897 gañou o campionato da Asociación de Xadrez do Estado de Nova York.
Xa sexaxenario, obtivo o último lugar en Cambridge Springs en 1904 (+3 -9 =3), aínda que se deu o luxo de empatar ou ata vencer a grandes xogadores como Carl Schlechter e Jacques Mieses. Pouco despois foi derrotado polo entón adolescente José Raúl Capablanca, debutante no terreo internacional.
Por máis de cincuenta anos foi un dos líderes nos rankings xadrecísticos estadounidenses.
