Escola maternal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Escola maternal naceu en Francia da man da pedagoga Marie Pape-Carpantier(1815-1878), que dedicou toda a súa vida á educación tanto nas salas de asilo como tamén no ensino primario. Sendo moi nova, foi directora das salas de asilo na cidade de La Flèche.

Trasladada a Le Mans, ocupa a dirección en 1845, trala publicación de Consellos sobre a dirección das salas de asilo, da Escola Normal Maternal de París. Concibe estes centros como unha institución para a educación dos cativos de clases populares e sen posibilidades formativas.

Marie Pape-Carpantier caracterizouse polo seu laicismo e por utilizar unha metodoloxía natural e atractiva que evita todo tipo de coaccións, resaltando a relevancia da educación sensorial e moral. No 1846 publica Asesoramento sobre a dirección das salas de asilo. Destaca á súa vez o respecto á espontaneidade e a adaptación ao desenvolvemento do cativo, para o cal propón unha ensinanza concéntrica e progresiva que posibilite a especialización.

Os asilos onde traballaba eran institucións que xurdiron pola necesidade social da época. Eran de carácter benéfico caritativo e pertencían na súa maioría ao sector privado. Neses lugares os nenos eran atendidos por persoas adultas. As características destes asilos eran:

  • Non estaban suxeitos a ningún regulamento ou control oficial.
  • Posuían unha matrícula de 300 a 400 alumnos, atendidos en salóns, cun espazo pouco adecuado.
  • Rexíanse por unha disciplina rigorosa e unha educación netamente tradicionalista, xa que os nenos debían permanecer sentados durante horas e en completo silencio e aprendían por medio do memorismo e verbalismo.

Marie Pape-Carpentier efectuou un cambio enorme nos asilos que dirixía, xa que incorpora ideas innovadoras ao distribuír os nenos en seccións organizadas e reducindo a matrícula a un máximo de cento cincuenta nenos. O feito de que os mestres coñeceran os alumnos contribuíu positivamente na ensinanza; creou un método de ensinanza onde os nenos aprendían co contacto de diversos elementos, o que facía o traballo máis agradable para alumnos e mestres. Dadas estas condicións os asilos pasaron a ser Escolas Maternais e comenzou a instaurase nelas a pedagoxía.

O éxito destas novas institucións despertou o interese de persoas caritativas e industriais que querían que lles brindaran aos fillos das traballadoras, e os nenos orfos. Isto causou o interese por parte do estado, intervindo e investindo nelas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]