Escola de asilo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As escolas de asilo foron creadas por Jean-Denys Cochin e apareceron por primeira vez en París (Francia) no ano 1826, como consecuencia dos habituais abandonos por parte das familias aos nenos no distrito no que el era alcalde. Para intentar por solución a este problema Cochin alugou dúas salas, dúas dedicadas a ensinanza primaria e unha a párvulos, nas que puxo á fronte a unha nai maila súa filla. Para intentar mellorar ditas escolas o comité de damas nobres presidido pola marquesa de Pastoret decidiu enviar a unha das responsables a Inglaterra para observar o funcionamento das infant schools e así introducir o mesmo método en Francia.

Ao mesmo tempo tamén creou unha escola para a formación de mestras de salas de asilo baixo a dirección de Madame Millet (a encargada de visitar as infant school). En 1828 cedería a escola á cidade de París aínda que seguiría baixo a súa dirección.

No 1833 Cochin publicou o seu manual das salas de asilo (manuel des fondateurs et des directeurs des premières écoles de l'enfance connues sous le nom de salles d'asile). En 1837 unha ordenanza ministerial crearía oficialmente as escolas de asilo que pasarían a ser máis tarde as escolas maternais. O ideal visual que tiña Cochin destas aulas era coa entrada dende o patio , a aula con pupitres e cunha zona de bancadas dedicada á escritura. O método de ensinanza neste tipo de aulas foi moi influente e chegaron a implantarse algunhas destas aulas en España.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]